Ola, TaranWanderer. Benvido á Galipedia. Acabo de borrar unha información sobre tres núcleos de poboación que supostamente hai en Curtis. Non existen referencias. Ademais, moitos indicios apuntan a que poida ser un hoax. Como ti fuches o responsábel da edición deses artigos na wikipedia en galego, en inglés e en español, pregaríache que deses unha explicación, moitas grazas. --Xabier Cid 19:32, 21 maio 2008 (UTC)

Obviamente, parto da túa boa fe, pero as probas parecen indicar o contrario:

  • na wiki galega engadiches uns datos a un artigo para o que recoñeces que non tes referencias.
  • pero na wiki española amplías (sen contar referencias) o artigo con datos inverosímiles.
  • e na wiki inglesa amplíaches e creaches artigos propios para estas supostas pedanías, onde incluíches, a pesar de non ter referencias, datos de supostas guerrillas, destrucións, migracións e demais, o que demostra que, para falar de oídas, tes un amplo coñecemento destas vilas completamente inexistentes.

Polo que fixeches en gl.wp ben abonda con reverter os cambios, tendo en conta isto para o futuro. Pero deixei aviso en en.wp para que borren os artigos. Un saúdo--Xabier Cid 21:57, 21 maio 2008 (UTC)

Creo que coñezo o suficiente da historia de Galicia como para saber que todo o que contas en en.wp é un puro disparate. Pero non quero debater punto por punto. Creo que a conversa pode pecharse aquí. Se tes referencias que poidan demostrar a existencia deses lugares fóra do mundo Pokemon, estarei encantado de incluílas. Mentres tanto, creo que o mellor é que deixemos o tema así. Un saúdo. --Xabier Cid 22:05, 21 maio 2008 (UTC)

A túa posición é bastante complicada, así que non quero prolongar esta conversa. Polo que atinxe á gl.wp dou o problema por pechado. Se tes calquera dúbida ou podo botarche unha man, dío sen medo. Un saúdo. --Xabier Cid 22:53, 21 maio 2008 (UTC)

Como usuario veterano da wiki, deberías saber que non é nin correcto nin elegante recadar apoios para unha determinada causa, por moi xusta que sexa. Un saúdo. --Xabier Cid 00:53, 22 maio 2008 (UTC)