Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caxa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido/a á Galipedia Pvilachiron: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 19:38, 29 setembro 2006 (UTC)

Ola de novo editar

  • Ola A... Parece que fora eu quen te saudara. Saúdos de novo. Calquera dúbida que teñas faima saber.

A páxina Turno estaba sen categorizar. Coloqueille a etiqueta {{Semcat}} que inclúe esa páxina na categoría Category:Pendente categoría.

Xa sabes onde estou. --Lmbuga Commons - Galipedia 14:40, 9 outubro 2006 (UTC)

  • As categorías en que estás traballando Category:Roma antiga e Category:Grecia antiga están moi baleiras. En caso de que os artigos que crees non teñan cabida en ningunha das subcategorías presentes nesas dúas, podes categorizalos en calquera desas dúas en espera de que se creen subcategorías.

Para crear unha subcategoría é conveniente propoñer a estrutura completa de toda unha rama. Se nalgún momento dás en considerar as subcategorías que se poden precisar, pódese facer a proposta. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:49, 9 outubro 2006 (UTC)

Creei unha páxina persoal para que teñas unha lista rápida do que hai que saber para editar. Accedes a ela facendo click no título desta mensaxe. No último apartado verás como facer redireccións e páxinas de homónimos. --Lmbuga Commons - Galipedia 07:43, 20 outubro 2006 (UTC)

Aníbal editar

Fixen un montón de correccións nese artigo (podes velas aquí. Colocaron sempre en negriña Aníbal (só se fai na 1ª liña), repetiron ligazóns (non se repiten a non ser que haxa moita distancia). Revisei a lingua. Púidoseme escapar algo. Vou seguir revisando o que puideron facer os alumnos nos outros artigos que tocaron hoxe. Apertas --Lmbuga Commons - Galipedia 16:09, 30 outubro 2006 (UTC)

Ligazóns anos editar

Como poderás observar en Historia ano a ano, as ligazóns ós anos anteriores ó século I pódense facer deste xeito [[-110|110 a.C.]] (110 a.C.). Variei tódalas ligazóns de Aníbal seguindo esa estrutura. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:07, 31 outubro 2006 (UTC)

  • Observacións para os alumnos (se non che é moito chollo): diadema é unha palabra masculina (o diadema). É coligar (non coaligar). Orixe plebea (non orixe plebeo)

Entroido editar

Na última semana estivemos traballando en clase de Cultura Clásica cons termos latinos relacionados coa celebración do Entroido. En concreto, creamos os termos Bacanais, Lupercais, Saturnais, Carnaval e Carnestolendas e editamos unha liña do termo Entroido. Para o meu asombro vexo que entradas da mitoloxía grega como Dionisos están por facer. Se vedes algo mal por favor avisade.