Dereitos do cartel

editar

Ola, Pacostein. Grazas por botares unha man na Wikipedia en galego, pero a imaxe publicada co cartel do filme que sibiches hoxe ten que ser borrada, desgrazadamente.

A razón é que é unha violación do copyright, ou dito doutro xeito, non é unha imaxe liberada. O cartel ten unha persoa autora, ten unha produtora que probablemente sexa a propietaria dos dereitos de distribución, e finalmente a imaxe foi obtida de FilmAffinity, unha web que tamén ten un © de seu.

Se queres que a imaxe estea presente, terías que conseguir que a produtora liberase os dereitos de reprodución do cartel cunha licenza aberta, como Creative Commons, por exemplo. Se esa licenza aberta é compatible coa Wikipedia, si poderías subila. Se tes calquera dúbida con isto, estou aquí para explicarche e botarche unha man. Un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de setembro de 2021 ás 14:25 (UTC)Responder