Benvid@ á Galipedia Oresthes, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Un pequeno apunte sobre a edición na páxina do usuario Rocastelo, nas páxinas de usuario (excepto a de discusión) só pode editar o propio usuario e aquelas persoas que teña autorizado. No resto dos casos non debe editarse alí. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Lembra que cando poidas conviña que nos reflexaras na túa páxina de usuario alguns dos teu datos e sobre todo, que proxectos tes para esta proxecto chamado Galipedia. Un saúdo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:23, 1 Xuñ 2005 (UTC)

Boas, graciñas pola benvida, un pequeno apunte sobre o apunte á edicón da páxina de Roncastelo: Só engadín unha liña porque a páxina estaba algo "seca" e pensaba estaría un bocadiño máis interesante ao darlle entrada á páxina do Occitano que creei (xunto con ligazóns varias), e que por certo foi modificada por Roncastelo sen o meu consentemento ou autorización, para a túa información (podes miralo no historial), co cal sorpréndeme un pouco o apunte..... e correxín unha cousa que estaba mal, sobre a (co)oficialidade do castelán...... Por outra banda non che son moito de "tabernas" nin "foros", aínda que aprecio a información, tranquiliños todos, seguiremos en contacto e aportando cousiñas, aburiño!!!!

  • Con certo retraso únome a benvida, o comentario que fai Xelo2004 sobre a páxina de Rocastelo non vai dirixido a ti, procede doutra mensaxe. Esperamos que nos axudes a medrar e mellorar. Por certo, é mellor contestar na páxina de discusión do usuario para que apareza o aviso de mensaxes novas, faíse seguindo o enlace que está ao lado da sinatura. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:50, 8 Xuñ 2005 (UTC)