• Benvidos/as á Galipedia Juan Domingo Quintela, Javier Rama, Beatriz Louro, María Inmaculada Hermida (Lamas-unionpenosa). Este é un proxecto que pretende espallar o coñecemento libre en galego (por agora só acádamos -aproximadamente- un 1% dos artigos que hai na versión inglesa do proxecto), coa vosa axuda esperamos avanzar un pasiño máis. Se no futuro algún de vós segue connosco iso quere dicir que este proxecto terá conseguido certo éxito. Se queredes podedes comezar con artigos sobre o voso concello (lugares, parroquias, ríos, calquera cousa,...). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:27, 23 maio 2005 (UTC)
  • Ola, eliminei un par de redireccións ás formas con minúsculas, que non eran necesarias. Se tedes calquera dúbida ou queredes facer unha pregunta, non dubidedes en poñervos en contacto comigo. Un saudiño. --Xabier Cid 18:01, 28 febreiro 2008 (UTC)