Ola, Harpazul. O artigo que creaches titulado Factores de susceptibilidade en teratoxenese foi marcado cun aviso de copyvio. Iso quere dicir que algúns dos usuarios —eu mesmo entre eles— cren que podería ser unha copia dun texto xa publicado, e que tivese o ©. Se podes dar unha información completa sobre de onde sacaches a información e como elaboraches o artigo, este podería manterse, sempre que, iso si, se lle fixesen os necesarísimos cambios de estilo e forma. Se non, será borrado con certa brevidade. Se tes calquera dúbida, podes preguntarme a min ou a calquera outro usuario. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 19:09, 27 maio 2009 (UTC)