Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido á Galipedia Fernandonorat: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un reservatario de imaxes común a todos wikis—.

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 14:42, 30 outubro 2006 (UTC)

Ola Fernandonorat, grazas por subir e compartir con nós esta imaxe. Hai un problema con ela.
Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou source.

A orixe editar

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
Conta comigo para o que necesites. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 14:42, 30 outubro 2006 (UTC)

Outras imaxes editar

Acontece o mesmo con Image:Paxariñas.jpg e Image:Cabicastro.jpg.

Retirei tódalas imaxes dos artigos en que aparecía mentres non se aclare se son violacións do copyright.

Espero que non te sintas mal, en caso de seren copyvíos, por telas subido, pásanos a todos, sobre todo ó comezo. Agradecémosche a intención. Por desgraza, case a única posibilidade de engadir imaxes á Galipedia é facelas nós mesmos.

Espero tamén que entendas que o feito de que poidamos violar a lexislación pode pór en perigo o noso proxecto, pois hai sectores ós que non lles interesa que a cultura sexa do dominio libre. Conta comigo cando o desexes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:35, 1 novembro 2006 (UTC)

Violación do copyright editar

As imaxes foron localizadas en http://www.sanxenxo.com/castellano/g0001/gp001/gp007.htm. Nesa páxina indícase "© Copyright 2000 Consultoría Técnica del Salnés, S.l. Prohibida su reproducción total o parcial". Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:01, 1 novembro 2006 (UTC)