• Benvido á Galipedia, Faotouro. Acabo de ver as túas aportacións. Fannos falta usuarios que, coma ti, nos acheguen fotos dos tan diversos lugares que ten Galicia.

Mais hai un inconveniente. Hai unhas regras. As fotos teñen que ter información detallada. Teñen que ter unha licenza que permita que se reaicen obras derivadas e uso comercial e expresar claramente a súa orixe. As fotos que ti subiches carecen de datos. Sen datos, sen os datos necesarios, ditas fotos serán, antes ou despois, borradas.

Antes de che indicar o xeito de incorporar os datos ás fotos, colócoche aquí un enlace para que, facendo click nel, poidas ver a mensaxe de benvida que se lles dá a tódolos usuarios novos: Benvida.

Hai 2 momentos en que é posible incorporar os datos: Cando se sobe a foto ou logo de subila. Como xa as subiches, procedo a explicar primeiro o procedemento adecuado para este caso.

Debes de localizar as fotos. Podes facelo premendo na parte superior da pantalla na palabra Faotouro e despois , un pouco máis á dereita, en as miñas contribucións. Logo de facer click na imaxe que desexes, debes facer click na pestana editar. Verás entón unha caixa en que podes escribir. Aí é onde hai que poñer os datos precisos para cada imaxe.

É conveniente que incorpores os datos copiando o seguinte texto e completando o que está entre parénteses:

Táboa cos datos identificadores da imaxe

- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:(sustituír_polo_nome_da_imaxe.extensión)
Orixe/Source: (Páxina web, libro,... da que foi collida a imaxe. Se a fixeches ti pon http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada)
Autor/Author: (Se a fixeches ti pon [[:gl:User:Faotouro]])
Copyright: (Isto é o máis complicado. Coméntocho máis adiante)
Publicada por/Publish by: [[:gl:User:Faotouro]]
Data/Date: (data en que se subiu, por exemplo: 10-06-2006, 10 de maio de 2006)

Para o apartado copyright. Se a imaxe é túa podes escoller entre varias posibilidades. Coméntoche dúas:

  • PD (Dominio público, pode usarse a imaxe sen restricións)
  • GFDL (Pode usarse a imaxe sen restricións pero hai que poñer os datos presentes na caixa de información que ti escribiches)

Ó final da caixa de información debes poñer entre dúas parñenteses a etiqueta escollida de maneira que podería ser algo así:

- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:(sustituír_polo_nome_da_imaxe.extensión)
Orixe/Source: (Páxina web, libro,... da que foi collida a imaxe. Se a fixeches ti pon http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada)
Autor/Author: (Se a fixeches ti pon [[:gl:User:Faotouro]])
Copyright: GFDL,
Publicada por/Publish by: [[:gl:User:Faotouro]]
Data/Date: (data en que se subiu, por exemplo: 10-06-2006, 10 de maio de 2006)

{{GFDL}}


Se a imaxe é dunha páxina web ou dun libro, ten que estar claro que dita imaxe é contido libre, que non presenta dereitos de autor. Débese poñer a etiqueta no copyright correspondente. Para saberes cales son esas etiquetas mira Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

Tamén pode ser conveniente que repares en Wikipedia:Política de uso de imaxes.

Por outra banda, non creo que sexa necesario, pois debe ser evidente, que a Galipedia non é unha enciclopedia en que se poida facer propaganda de negocios persoais ou entidades de calquera índole. Recoméndoche a lectura de Wikipedia:Cousas que non se deben facer. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:36, 11 xuño 2006 (UTC)

  • Vinme apurado e tiven que rematar axiña a anterior mensaxe. Só dicirche que se precisas calquera cousa, estou á túa disposición.--Lmbuga Commons - Galipedia 20:29, 11 xuño 2006 (UTC)

Ligazóns externas editar

Unha vez máis teño que insistir na mensaxe que lle deixei onte nun enderezo IP, encher todas as páxinas das parroquias de Touro con enlaces a unha páxina web consíderase spam, polo tanto, se quere que pemaneza unha referencia á súa páxina escolla un só artigo e retire o resto. En canto as imaxes tamén debe indicar quen é o autor e cal é a súa orixe, só no caso que posúa os dereitos e se poida verificar as imaxes poden permanecer. Se esa información non se inclúe pode producirse un dano ao proxecto e en consecuencia as imaxes tamén deben retirarse, o mesmo ocorre con aqueloutras imaxes que cargou co nome de usuario Bustelofao. Por favor teña en conta o anteriormente dito. Pode contar coa nosa axuda sempre e cando non ignore as nosas mensaxes. Saúdos. --Moderador 23:38, 12 xuño 2006 (UTC)

  Aviso de eliminación de imaxe.
A imaxe Image:CASA A PENA DE TURISMO RURAL .JPG está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. Localice en dita entrada o 14 de xuño. --Lmbuga Commons - Galipedia 06:41, 15 xuño 2006 (UTC)

Aviso de eliminación de Image:ANDEADE, PAZO 8.JPG editar

  Aviso de eliminación de imaxe.
A imaxe Image:ANDEADE, PAZO 8.JPG está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. Localice en dita entrada o 14 de xuño. --Lmbuga Commons - Galipedia 06:41, 15 xuño 2006 (UTC)