Ola, FAGACOR, benvido ou benvida á wikipedia. Acabo de borrar o artigo que creaches, baixo unha IP anónima, sobre a asociación FAGACOR. Unha das regras da Wikipedia é que non está permitida a autopromoción, é dicir, falar dun mesmo, facer artigos sobre un mesmo. Se tes calquera dúbida ou precisas aclaracións, pídemas sen medo a min ou a outro usuario calquera. Un saudiño, e ata a próxima. --Xabier Cid Conversa 22:32, 27 maio 2009 (UTC)


O usuario FAGACOR envioume un correo, que reproduzo na miña páxina de conversa. Velaquí a resposta.

Ola, FAGACOR. Independentemente de que os fins da asociación sexan loables ou maliciosos, as regras son iguais para todos. É unha cuestión sobre neutralidade. Quen di que FAGACOR é unha asociación suficientemente importante para ter un artigo de seu na wikipedia? Iso teno que dicir outros editores, non precisamente FAGACOR. Para entender esta regra sempre poñemos o mesmo exemplo. Imaxina que Barack Obama non tivese un artigo na wikipedia en galego. Pois ben, por moito que sexa o presidente dos Estados Unidos, non pode el mesmo crear un artigo sobre si, como tampouco o poden crear as dúas fillas, nin o servizo de prensa da Casa Branca. Terán que ser usuarios independentes os que decidan se debe haber un artigo sobre el, e, despois, os que o escriban. Así pois, se FAGACOR é unha asociación importante, non dubides que axiña haberá editores ou editoras independentes que decidan crear o artigo. Un saúdo.--Xabier Cid Conversa 06:26, 1 xuño 2009 (UTC)