Ola Arredista. Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos. Para máis información le Wikipedia:Política de uso de imaxes Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe. Abonda con incorporar un enlace á páxina da cal se obtivo a mesma, indicar o libro do que se tirou, ou poner que é de creación propia.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. A orixe ou fonte da imaxe ten que expresar esplicitamente que esas son as condicións de uso. Se queres que che axude a incorpora-los datos ou mesmo que os incorpore eu, explícame de onde saíu a imaxe. Sexa como sexa, non dubides en contactar comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:56, 26 outubro 2006 (UTC)

Re:Galería de imaxes de San Sadurniño editar

Indícasme que a(s) foto(s) foi(foron) realizada(s) por ti. Se é así, debes editar a imaxe (Como editar imaxes?) e escribir, por exemplo (hai máis posibilidades) unha destas dúas opcións:

  1. Eu son o autor {{PD-propia}} (--> a imaxe estará no dominio público sen restricións)
  2. Eu son o autor {{GFDL-propia}} (--> a imaxe terá algunhas restricións: se alguén a usa deberá nomear o autor, a fonte da imaxe,...)

Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:49, 14 marzo 2007 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:PortoMalpica1.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:PortoMalpica1.jpg, , Image:IgrexaBardaos.jpg, Image:PortoMalpica2.jpg cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Lmbuga Commons - Galipedia 18:18, 4 agosto 2007 (UTC)