Ola Andresp! Os artigos das rúas e prazas de Pontevedra están a ser borrados porque non son enciclopédicos. De haber rúas de mención, como por exemplo a rúa do Príncipe de Vigo, mencionaríase no artigo Vigo, e de existir algunha rúa no mundo que mereza ter artigo propio faríase, mais ampliar o abano do enciclopédico a tódalas rúas de tódalas cidades é moito, ademais de pouco enciclopédico e moi difícil de cubrir aínda que sexa mínimamente. Sei que o fas de boa fe, pero anímote a empregar o teu coñecemento de Pontevedra noutros artigos, evitando a información non enciclopédica. Un saúdo e benvido á galipedia. --Alberte (Si, dígame?) 13:09, 10 outubro 2008 (UTC)