Imaxe, falta información de Image:Fotoprada.jpg editar

  Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Fotoprada.jpg Image:Fotoprada10.jpg, Image:Fotoprada9.jpg, Image:Fotoprada8.jpg, Image:Fotoprada7.jpg, Image:Fotoprada5.jpg, Image:Fotoprada4.jpg, Image:Fotoprada3.jpg, Image:Fotoprada2.jpg, Image:Fotoprada1.jpg cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Prevertgl 18:53, 11 xullo 2007 (UTC)


Ola Alkantara. Recuperei unha edición antiga de Prada, A Veiga ata que se aclare a orixe dos textos e das imaxes. Comezando polas imaxes, se a web de orixe é súa sendo vostede realmente o autor as imaxes poden permanecer na Galipedia sempre que no sitio web de orixe inclúa datos que digan que as imaxes teñen unha licenza compatible coa Wikipedia. Dita licenza debe permitir uso comercial e obras derivadas. Iso é porque se alguén quere reproducir os textos da Wikipedia nun web que teña por exemplo publicidade non podería facelo se non se permite uso comercial, no caso das obras derivadas se alguén quere facer unha variación sobre a imaxe debe permitirselle. Poñolle a continuación uns exemplos que usei noutra mensaxe cunha situación semellante:

  • Recurso fotográfico de uso libre. Licenza: Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5/deed.gl)
  • Recursos fotográficos de uso libre. Licenza: GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html)
  • Recursos fotográficos de uso libre. Licenza: Eu, autor destas fotografías, dispoño mediante a presente que as mesmas pertenzan ao dominio público. Isto é válido internacionalmente. Concedo a calquera o dereito de empregar esta obra para o propósito que considere oportuno, sen condicións, agás aquelas que sexan requiridas pola lei.

Só tería que escoller unha das opcións para declarar a licenza das fotografías e poñelas no seu sitio web. Neste web http://www.culturapopulardesandias.com/ tamén ten un exemplo dunha persoa nun caso parecido ao seu. A licenza está na parte inferior da imaxe. Unha vez solucionado o tema das fotos veriamos como solucionar o do texto (por unha banda está a cuestión da licenza a semellanza coas fotos e por outra que cumpra as regras de Wikipedia en canto aos contidos). Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:57, 14 xullo 2007 (UTC)

A imaxe foi borrada por carecer de datos. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:27, 16 xullo 2008 (UTC)