Benvido á Galipedia Alejandro de Mata e grazas por cargar o escudo de Cesuras. Toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:20, 13 outubro 2005 (UTC)

  • Benvido á Galipedia Alejandro de Mata. Suscribo o que di o amigo Prevert. Agardo que quedes moito tempo connosco ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 12:01, 14 outubro 2005 (UTC)
  • Benvi@ Alexandre, esperamos que te cosideres dentro deste proxecto coma se forá a túa casa. Por certo, que tal se che da facer mapas dos concellos como o que podes ver en Abadín ou Baleira?. Si che digo isto é porque teño oido que o AutoCAD soe ser moi bo para este tipo de cousas. Se me esquecía, dase a casualidade de que eu dispoño tamén do escudo do concello de Cesuras, pero vexo que hai moita diferencia na coroa do escudo con relación o escudo que subiches. Para o demáis, o dito. Esperamos que se sintas cómodo comnosco. Un Saúdo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:51, 27 marzo 2006 (UTC)

Ola Alejandro de Mata, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:40, 15 setembro 2006 (UTC)

Boas!! editar

Ando a completar os municipios de Galicia na wiki en español (que son un desastre non coma na Galipedia) e atopei o escudo de Boimorto que subiches, espero non te incomodar, subina a commons pra poder usa-la... Hai moi poucos escudos e o teu pareceume bo... En fin... Se precisas algo non dubides en mo pedir. Saúdos. --Chuck es dios 16:29, 11 outubro 2007 (UTC)

Ofrecemento editar

Vexo que te ofreces por se alguén ten dúbidas de CAD. Sabes de scripts para ubicación e formato de textos en AutoCAD para aplicar nisto? --  Sobreira (parlez) 10:14, 10 maio 2008 (UTC)