Ola, Alboioescola. Benvido/a á Galipedia. Acabo de borrar o artigo que creaches sobre a Escola Alboio. A razón é que a Galipedia non é un espazo promocional. Se tes calquera dúbida sobre como editar ou participar na wikipedia, podes preguntarme a min ou a outros usuarios da wikipedia. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 16:38, 24 novembro 2008 (UTC)

Ola, Alboioescola. Si, tes razón. Fun moi breve na miña explicación e puido dar esa impresión. Tanto Nutrexpa como a Escola Alboio poden ser artigos da wikipedia, dende o momento que para o conxunto da comunidade teñan relevancia abonda. Pero nin un usuario chamado Alboioescola nin o director xeral de Nutrexpa poden facer eses artigos, porque non son eles os que deben valorar a súa propia relevancia, senón os demais, que son os que poden falar con obxectividade. Non ten que ver co fin de lucro. Iso está todo ben explicado nas normas sobre autopromoción e gloria va, e que poden resumirse nunha soa frase: "Se Barack Obama non estivese na wikipedia e el mesmo decidise crear o seu propio artigo, por moito que fose o de Barack Obama habería que borralo". É dicir, se a Escola Alboio é tan importante, a ben seguro outro usuario da wikipedia decidirá crear o artigo sobre ela calquera día. Non sei se me expliquei mellor agora. Se tes algunha dúbida, non teñas medo en preguntar, :) Un saudiño, e anímote a editar todos os demais contidos da Galipedia, que son moitos. --Xabier Cid Conversa 17:24, 25 novembro 2008 (UTC)

Comprendido (máis ou menos) editar

Non é que sexa moi partidario diso que acabas de contar, pero en fin, son as normas da Wikipedia e hainas que aceptar. Por outro lado tamén é moi comprensible senón encheríase de artigos faltos de interese para a maior parte da comunidade. Insisto, a miña intención non foi a autopromoción. Grazas pola túa información.

Nada... Tampouco a miña intención era ir contra a Escola... :) Unha cousa máis: cando lle respondas a alguén, faino na súa páxina de conversa. Se o fas na túa, é moi probable que nunca vexa a mensaxe... Un saudiño, e esperamos verte por acó axiña. --Xabier Cid Conversa 22:54, 25 novembro 2008 (UTC)