Benvido Além, en primeiro lugar as normas non son miñas, son da comunidade. Podes propoñer cambialas se ese é o teu desexo. En todo caso se escribes no galego (ou galego-portugués ou portugués de Galicia ou como quixeres dicir) de AGAL na wikipedia portuguesa probablemente serían mudadas para o padrón (brasileiro ou portugués) por que as normas de AGAL non teñen valor oficial en ningún sitio. Penso que ese é o criterio que se debe seguir, empregar a norma (ou normas) oficial do galego, sexa cal for (se no futuro son as normas da AGAL as oficiais eu empregareinas, mentres tanto non). E no caso do Himno galego, non era só por mudar a ortografía, a que se recolle no texto é o texto oficial do Himno de Galicia (aínda que debería estar en Wikisource).--Rocastelo 18:41, 14 maio 2005 (UTC)

  • Benvido á Galipedia como usuario rexistrado Além. Unha explicación de enciclopedia libre tomada da nosa portada "este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nen comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a todo o interesado en contribuír". Non se trata polo tanto de que cada un faga o queira, senón de contribuir a que o coñecemento se espalle. Moitos de nós asumimos plenamente que temos que renunciar ás nosas convicións persoais en beneficio do obxectivo exposto antes. Hai un artigo que nos últimos tempos houbo que estar "defendendo" e resulta paradoxal pensar quenes tivemos que facelo. Con respecto a Himno galego, non te sorprenda que o cambio que fixeches sexa considerado vandalismo. Como pode calificarse o cambio dun usuario anónimo que sen considerar o traballo feito por outros modifica completamente a grafía dun artigo? Non é un reproche, pero tes que entender que sexa natural que os colaboradores que contribúen diariamente co seu esforzo a este proxecto teñan esa impresión. Outra vez benvido e confio en que aclarado este punto te sintas a gusto aquí, e a túa colaboración sexa un grao máis no crecemento deste proxecto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 01:07, 15 maio 2005 (UTC)
  • Benvido á galipedia Além. Agardo que pases moito tempo por eiquí e que te sintas a gusto. Se tes algunha dúbida non tes máis que preguntar e estarei encantado de axudarche ;) --Alyssalover(fálame) 12:21, 15 maio 2005 (UTC)