Ola, Abadawiki, :) Que tal? Xa imaxinei que sería algo así. Explícoche:

  • A wikipedia é unha enciclopedia libre, polo que todos os contidos que se publican nela son e deben ser libres. Non se pode colocar na wikipedia información que xa fose publicada noutros sitios onde estea sometida a copyright. E estes textos de Batuko tabanka e Humor neghro, que son os que eu vin, estano explícita ou implicitamente. Poderíanse colocar textos sobre eses grupos ou espectáculos, pero terían que ser creados de novo especificamente para a wikipedia.
  • Ademais hai outro problema. Existe unha norma dentro da wikipedia (podes botarlle un ollo ao texto en inglés aquí: Conflito de intereses), que vén dicindo que non deben crear nin redactar artigos persoas directamente implicadas neses artigos (as propias persoas, familiares, empresas...). É dicir, eu ou calquera outro usuario pode crear e redactar o artigo de Batuko Tabanka, pero non o pode facer un usuario que se chame Abadawiki, nin unha das cantantes, nin o fillo dunha das cantantes. A razón é que, dunha banda, a wikipedia non é unha web promocional, e doutra, que é moi difícil avaliar qué información é relevante e cal non se somos parte implicada, persoal ou empresarialmente.

Solucións... Ben poucas. A única, agardar a que un usuario calquera decida que estes que creastes vós hoxe son temas interesantes e creen de novo os artigos. Estou seguro de que será axiña. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 17:35, 14 xaneiro 2009 (UTC)

Ah, se non vos expliquei isto no momento do borrado é que o usuario que o creou non estaba rexistrado; era unha IP anónima. Desculpade por iso. --Xabier Cid Conversa 17:35, 14 xaneiro 2009 (UTC)

Recuperación do traballo editar

Ola, Abadawiki. Vouche explicar brevemente os aspectos que me comentas no correo.

  1. Os borrados non foron avisados porque quen creou os artigos foi unha IP anónima. As IPs non teñen por que ser fixas, e aínda que tecnicamente hai maneira de avisar a IP que fixo o artigo, nin sempre esa IP volve entrar na wikipedia, nin sempre que o fai está operada pola mesma persoa. Unha das vantaxes de rexistrarse como usuario/a é que pode ter lugar esta conversa, que doutra maneira non é moi sinxela, e ás veces é imposible. Se estiveses rexistrada naquela altura, avisaríasevos en canto se borrase.
  2. O traballo non se perdeu. Simplemente está desaparecido. En canto unha persoa cree os artigos de novo, poderase recuperar ese traballo. Naqueles artigos que xa estaban creados, no historial podes acceder ás versións borradas. Aínda así, se queres, podo facerche unha copia e mandarcha por email.
  3. Efectivamente, un texto promocional non ten cabida na wikipedia.
  4. Pero non estás valorando que o principal problema non é o contido, senón vós. O feito de serdes os produtores ou promotores dun grupo impídevos facer esas edicións. Se Barack Obama non tivese por unha casualidade artigo na wikipedia e el coa súa blackberry ou o seu gabinete de prensa decidisen crealo, habería que borralo, por moito Barack Obama que fose. Xa viría outra persoa a crealo. E iso mesmo pasa con Batuko tabanka: cando alguén atope interesante facer ese artigo, farao, pero non será nin unha das intérpretes, nin un parente delas, nin os seus promotores, nin a súa discográfica.
  5. E isto non ten que ver coa parcialidade ou imparcialidade dos contidos, na que non me vou meter, nin coa súa calidade, senón coa imparcialidade para decidir se un artigo debe ser creado. Esa é unha das regras da Wikipedia (non só da versión galega), e de aí non nos podemos mover.

Así que unha vez máis, repito a solución: non hai nada que facer, agás agardar a que un usuario calquera cree eses artigos. Convídovos, iso si, a enriquecer a Galipedia con contidos que non teñan que ver co voso labor empresarial. Ao voso dispor. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 10:11, 20 xaneiro 2009 (UTC)