Ola ip. Non é unha práctica recomendable a de realizar traducións automáticas, facéndoas ademais de artigos en moitos casos de baixa calidade, sen referencias e con modelos que din que é necesario melloralos. Lembre que é mellor unha Galipedia con artigos de calidade ca unha chea de artigos traducidos automaticamente (coa chea de erros que conleva iso, e non só ortográficos) da wikipedia española e de ínfima calidade. por iso prégolle que reconsidere a súa actuación, xa que a súa colaboración actual ademais de crear moitos artigos de baixa calidade provoca que os usuario gasten tempo en tentar adecuar o artigo a unhas mínimas normas de calidade. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:41, 12 agosto 2008 (UTC)