Ola usuario anónimo. Agradecemos a túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases. Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes se o desexas indicar o teu correo (é optativo). Aínda que te rexistres, a túa identidade na vida real non se descubrirá, pero terás un alcume que nos facilitará o contarmos contigo.

Para rexistrarte fai click nesta ligazón: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Special:Userlogin&type=signup ou le primeiro, se o desexas Wikipedia:Como rexistrarse

Ó rexistrarte pasarás a ter a túa disposición unha páxina de usuario (en que podes colocar os datos que desexes) e unha páxina de discusión, nesa páxina escribiremos os que desexemos poñernos en contacto contigo.

Parécenme moi interesantes as túas aportacións, cousa que é normal por outra banda considerando a miña actividade profesional.

Se desexas poñerte en contacto comigo fai click na palabra Galipedia da miña sinatura, edita a páxina que che aparecerá, escribe ó final da mesma e, cando remates, mira de asinar. Para asinar fai click no penúltimo botón (ten unha sinatura como debuxo) da barra de botóns que está encima da caixa de edición (o recadro en que se escribe). Contacta comigo sempre que o desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:20, 11 agosto 2006 (UTC)