Ola ip 85.61.78.64, semellas ter algún tipo de relación con Xosé Ramón Rodríguez Polo, xa que estás a engadir bibliografía unicamente deste autor en diversos artigos; isto pode ser considerado como publicidade, que vai en contra das normas da Galipedia, concretamente de WP:NON#PROPAGANDA. Por iso agradeceríamosche que aclararas porqué está a engadir esta bibliografía. Saúdos. --JaviP96 10 de xuño de 2013 ás 13:40 (UTC)