Distinguidas señoras, distinguidos señores,

Bo día. En primeiro lugar, se non vos resulta molesto, teño que presentarme. Chámome Richard Aerts, teño 33 anos e son francés. A miña cidade, Roubaix, atópase ao norte do país, preto á fronteira coa Bélxica. Malia que por agora estou no paro, son recepcionista de hotel. Eu gusto moito de ler, sobre todo poesía e ensaio. Dende fai un ano casemente, estou aprendendo algo de galego. De feito, aprendo a paso de boi. Hai que dicir que este é para min un idioma moi delicado e cheo de cultura, aínda que a dificultade que atopo na súa aprendizaxe sexa grande. Antes andaba sempre só en todo momento coa miña depresión, até que tiven a idea de estudar unha nova lingua, polo que o galego deume carta branca para vivir dende entón. É moi parecido ao francés, que é a miña lingua inicial, ao castelán e ao portugués, que falo dende a miña infancia. Aínda me parece que nalgúns aspectos o galego atoparíase a medio camiño entre estes dous últimos idiomas, non si?

Diríxome a vostedes porque estimo que sexades axeitados para esta miña humilde solicitación. O motivo desta mensaxe é que aquí en Francia non hai ningún libro en lingua galega. Por favor, vós poderíadesme axudar? Non teño en casa nadiña de nada na lingua de Rosalía de Castro, nin tan sequera libros de texto. Eu gustaría moito de poder ter algunha cousa, é realmente importante para min neste momento. Oxalá non o tomásedes a mal. Non pido un libro moi voluminoso nin nada polo estilo, senón algo sinxelo, talvez unha simple revista ou, por se acaso, un voso libro en desuso perdido na vosa biblioteca. Non sería necesario nada que sexa caro nin sequera moi novo, pode ser un fino libro dunha librería de segunda man.

Desventuradamente non teño moito diñeiro agora, porque como vos dicía estou en situación de falta de traballo. Si puidésedes axudarme, sería importantísimo para min. No que concirne a recursos en liña, xa coñezo uns cantos, por exemplo o dicionario da RAG; secasí, non podo todo momento ter acceso á susodita obra, dado que non teño computadora en casa. Sírvome dun cibercafé cando é necesario, ou sexa, normalmente cada dous ou tres días como máximo. Como xa debedes saber, un libro de papel non ten prezo, aínda que sexa pequeno. Axuda inmensamente a aprender. Agradezo con antelación a atención que dignedes prestar a estas liñas e despídome de vós con os meus mellores cumprimentos.

Moito cordialmente, Richard Aerts --RichardAerts01 (conversa) 10 de xullo de 2020 ás 14:10 (UTC)Responder