Ola, Fátima. Sinto moito o que pasou, pero creo que non debes sacalo ti tampouco do que significa. A regra da wikipedia é que as persoas non poden falar de si mesmas, nin tampouco poden facer promoción de empresas, parentes ou amigos. Iso faise para buscar unha maior neutralidade. Neste caso sucede que a) ti colaboraches no artigo ao descoñeceres esa regra, e b) Klaus e os seus distintos alcumes dentro da Wikipedia teñen feito moitas edicións moi dubidosas, onde se saltaron moitos principios e regras da Wikipedia, que agora están a ser examinados por editores moito máis experienciudos ca nós.

Eu non son administrador, e non podo borrar ningunha páxina. Como está aberta a votación, se a comunidade cre que se debe pechar, pois no seu momento farao o administrador que lle cadre. Eu son un usuario máis.

PS: Xa indo ao terreo persoal, eu aínda durmín unha noite en casa de María Fariña, se mal non lembro. :) E ben sei como funciona a cultura galega fóra de Galicia, posto que tamén vivo no exterior. Un saudiño, e repítoche as miñas desculpas. --Xabier Cid Conversa 16:03, 6 de agosto de 2010 (UTC)