Boa tarde 81.60.243.176, os colaboradores deste proxecto levan tempo traballando no tema dos nomes dos países e para iso aprobaronse unha serie de políticas e normas sobre o tema. Deberías ler os enlaces que aparecen na parte superior da páxina de cambios recentes e logo expoñer as túas razóns respectando ao conxunto de usuarios deste wiki. E prégoche que deixes de realizar accións de vandalismo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:13, 31 xullo 2005 (UTC)

para que? non teño tempo para perder debatendo se a terra e plana, se o sol xira ao redor da terra o se existe algún país que se chama corea do norte. vaia por deus! se así son os seus criterios, limitareime a contribuír para outros wikis e deixarvos a facer todas a parvoíces que queirades. así, non vos amolo maís e adiante para facerdes do galego unha trapallada. comezo a comprender pq é tan criticado o wiki en galego e pq a xente prefire andar con el noutras linguas (portugués, español, catalán, inglés). por certo, xa me rexistrarei se e cando de der a gana...

  • Fai o que consideres oportuno, se cres que ao chegar a un sitio de novo debes despreciar o traballo que fan o resto dos colaboradores alá ti. Nós tratamoste con respecto e pedimosche que nos dixeras a túas razóns, parece que iso non o estimas correcto. Desexoche sorte e que contribúas a que melloren o resto dos wikis porque indirectamente contribuirás a que mellore este. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:22, 31 xullo 2005 (UTC)