Ola, IP 80.30.87.1. Benvido á Galipedia.

Síntoo moito o tempo e o traballo perdido. Un usuario marcouno como lixo, e eu borreino. Pódese recuperar e pódocho mandar por correo se che pode servir de algo. Pero non fixeches as cousas ben:

  1. Sabendo que xa hai un infobox, podías empregar a páxina de conversa para propoñer os cambios. Quizais os que traballaron no anterior infobox desbotaron facer un moito máis amplo por algunha razón.
  2. Traballando pra mellorar o que xa había, e non creando un novo. Sempre é máis doado completar os datos que faltan que meter todos outra vez de novo.
  3. Se resulta difícil ou moi laborioso mellorar o infobox, e compensa crealo de novo, pois exponse na páxina de conversa e entre todos buscamos a mellor selección.

Iso foi o que se fixo co Concello info, por exemplo. Para todo o que queiras, podes contar coa axuda dos demais usuarios, que che poderemos aconsellar en situacións coma esta. De por parte, e aínda que non é obrigatorio, é aconsellable que te rexistres. Así poderémonos comunicar mellor entre todos. --Xabier Cid Conversa 01:11, 10 febreiro 2009 (UTC)