Ola IP. Vexo que estás a traducir artigos do castelán. Dous apuntamentos nese senso:

  • Cando se realiza unha tradución hai que indicalo para poder cumpri-la licenza da wikipedia. Podes indicalo na caixa de resumo (Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias).
  • Nalgunhas ocasións estás a publica-la tradución por riba do artigo anterior. Moitas veces ese artigo anterior é curto e mellorable, mais hai que intentar aproveitalo na medida das posibilidades. Borra-lo traballo doutros directamente por unha tradución non me acaba de convencer. A tradución debe completa-lo contido do artigo, non substituílo.

Máis nada. Un cordial saúdo. Alberte Si, dígame? 22:35, 2 xaneiro 2009 (UTC)