Non comprendo o motivo que o induciu a incluír entre as personaxes relevantes de Sada á actriz Ana [Posse] Turpín e retirar aos xornalistas Montes Rouco, Castro Arias e Freire-Calvelo. Deixo a A. Turpín, pero repoño aos anteriores. Agardo algunha explicación. Usuario:Manuel Pérez Lorenzo

A explicación é moi sinxela. Eu penso que a sección "persoeiros de sona" inclúe xente nada nun determinado municipio con certa sona fóra del, sexa a nivel autonómico, nacional ou internacional. A eses xornalistas que nomeas, seguramente moi respectábeis, quen os coñece a parte de ti? Por non ter, non teñen nin unha mísera entrada en internet. Se ti cres que teñen máis dereito a figurar no artigo que Ana Turpín paréceme perfecto, pero creo que hai que ser un pouco obxectivos e limitarse a recoller persoeiros de certa sona ou fama. Eu tamén podería poñer aos meus avós pero non os poño, e creme que os teño moito mellor considerados cá moza de Ricardito Bofill.