Ola, 1junpei

editar

Escríboche tocante aos tres títulos que introduciches na lista de filmes en galego: "Austin Powers", "Chamáronlle Trinidade" e "Seguíanlle chamando Trinidade". En primeiro lugar, quero agradecer a túa contribución. En segundo, preguntar se estás seguro de que eses sexan exactamente os títulos oficiais en galego desas tres películas. O caso é que eu xa me teño lembrado deses filmes, pero teño as miñas dúbidas con respecto ao que nos ocupa: os títulos das mesmas:

A de "Austin Powers" titulouse en castelán así, pero o título orixinal é 'Austin Powers: International Man of Mystery', como ti mesmo puxeches no seu respectivo campo... Estás seguro de que non se tivo en conta esa "extensión" do título para a versión en galego e se simplificou coma no castelán (cousa que é posible)?

Referente á saga de Trindade, as dúbidas amplíanse en ambos os dous títulos que a compoñen. Aínda que vin as películas dobradas ao galego, non son quen de recordar os títulos exactos. Xa con nome do protagonista que aparece nos títulos: a min sóame que se lle chamou "Trinidade", como ti mesmo expresas, e non é imposible que así se fixese. Mais, de ser así, errouse introducindo un castelanismo, procedente de "Trinidad", xa que o correcto sería "Trindade". Logo, non recordo con exactitude o resto dos títulos: "Chamábanlle", "Chamáronlle", "Seguíanlle chamando", "Seguíanlle chamando", "Seguíronlle chamando", etc. circulan pola miña cabeza, por iso non os incluín na lista, á espera de dar coa resposta para tales dúbidas. Por certo, si aparecen na listaxe outros títulos protagonizados por Terence Hill e Bud Spencer dos que sei con exactitude os títulos en galego.

Considero desfacer as dúas edicións que fixeches, e que sempre se poderán recuperar se se demostra que os títulos son os exactos.

Agardando a túa resposta, e agradecendo a túa contribución ao tema, aproveito a ocasión para che enviar un saúdo cordial. --Uxío 10:33, 26 xaneiro 2009 (UTC)

Títulos en galego

editar

Ola, perdoa que tardase tanto en contestar.

A única que puiden comprobar é "Lo chiamavano Trinità", que en galego non a titularon como eu puxera, Chamáronlle Trinidade, se non como ti dixeras, Chamábanlle Trinidade. http://www.youtube.com/watch?v=iYEWL0_Pr3Q

A secuela non a teño gravada, así que non sabería dicirche o título.

Doutra banda, a película de Austin Powers si que a teño gravada, pero non din o título e corteille as cortinillas, polo que non podo confirmar o título.

Síntoo.

  • Moitas grazas pola a xuda. Ese vídeo confirma que o título galego é Chamábanlle Trindade, e así pasa a aumentar a listaxe.

Saúdos. --Uxío 14:36, 19 febreiro 2009 (UTC)