Mostras de teatro de Vigo editar

Boas, desfixen as dúas edicións no artigo xa que ese non é xeito de indicar eses erros, se hai contidos copiados dunha fonte con dereitos de autor, debe indicalo nos apartados con problemas co modelo {{copyvio|fonte}}, indicando a fonte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 13:54 (UTC)Responder

Actualizacións na entrada Universidade de Vigo editar

Bo día, Desde a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo gustaríanos actualizar a composición do equipo de goberno actual así como outros datos, tamto en galego coma noutros idiomas. Á espera de poder facelo, agradecemos a vosa colaboración. Un saúdo e grazas. Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais 193.146.43.5 22 de outubro de 2020 ás 06:21 (UTC)Responder