Conversa modelo:Peixes comerciais

Traducións deste modelo editar

Antes de que sigas coas traducións deste modelo, Hugo, ten presente que escolleches un título equivocado. O concepto "Peixes comerciais" non pode incluír, por razóns evidentes, nin moluscos, nin crustáceos nin outros invertebrados tipo ourizos, bichos todos que vexo no Modelo actual. Pode ser unha cuestión de facer equivaler Fishery con peixe, cando realmente é pesca, cousas diferentes. En Sanidade falamos sempre de "Produtos da pesca", concepto no que se inclúe (semántica e tecnicamente) tanto peixes como calquera outra cousa que se obteña da auga, sexa doce ou mariña; tamén as ras e caracois. Mesmo, ata hai ben pouco, ían aí cetáceos e tartarugas, que como sabes se comían ata onte mesmo. Sei que "Produtos da pesca comerciais" é demasiado tecnicismo pero pénsao. Pensa tamén que nese concepto entran produtos obtidos dos peoxes, coma o surimi ou o caviar, que supoño que non entraban na túa idea. Outra alterantiva, quizais mellor, sexa falar de Peixes comerciais, Molucos comerciais, Crustáceos comerciais, tres modelos distintos. Isto exclúe cousas como os ourizos, as ascidias e non sei se algo máis. Outro aspecto: os peixes decorativos tamén se compran e venden pero supoño que non entrarán no Modelo ¿non? Xa me dirás. Pedro --Lameiro (conversa) 21:22, 7 de maio de 2010 (UTC)

Volver á páxina "Peixes comerciais".