Conversa categoría:Parques nacionais

Temos todos os parques nacionais en minúsculas pero un parque nacional determinado é unha entidade formalmente constituída polo que segundo a normativa do idioma galego ha de ir en maiúsculas.--Cheluco 17:16, 4 de marzo de 2011 (UTC)
Poño aquí o texto da norma: "En todos os substantivos e adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras entidades formalmente constituídas", neste caso é clara e non deixa lugar a dúbidas.--Cheluco 17:23, 4 de marzo de 2011 (UTC)
En aplicación da norma exposta enriba, movín todos os artigos para axeitalos á normativa.--Cheluco 17:28, 4 de marzo de 2011 (UTC)
Volver á páxina "Parques nacionais".