Conversa categoría:Afroamericanos

Propoño mudar o nome desta categoría por "Afroestadounidenses", e explicar tamén na entrada correspondente a diferenza entre Afroamericano e Afroestadounidense. Aínda que sexa unha expresión moi extendida, o uso de "Afroamericano" é limitante e pouco obxectivo, xa que sempre se refire só a persoas dos Estados Unidos (canadienses, cubanos e brasileiros, por exemplo, tamén son afroamericanos).

Zumbi 12 agosto 2007 (UTC)

Primeiro que habería que delimitar é se a forma afroestadounidense ten uso nos traballos históricos, de xeografía humana ou calquera outro e se nalgún traballo, libro ou o que sexa se emprega a forma afroamericano para un negro arxentino por exemplo; eu nunca o vin así empregado, cada termo ten as súas orixes e aínda que un exipcio sexa africano un americano de orixe exipcia xamais sería considerado afroamericano en ningún estudo, debemos pois aternos ao uso que xa existe. --André 09:44, 12 agosto 2007 (UTC)

  • Poñendo os dous termos en google pode verse que, aínda sen ser maioritario, en medios científicos si que se está producindo esta mudanza. Incluso combinando a expresión "afroamericanos" cos distintos paises de América (p.ex. Colombia ou Brasil) aparecen unha serie de referencias, a maior parte a cursos e libros. A expresión afroestadounidense tamén ten abondosa presenza. Outro argumento a favor é que a wikipedia en español recolle o sentido que eu propoño, especificando que o termo se orixinou nos Estados Unidos e despois se extendeu para o resto de América. Pódese especificar tamén, que se refire só á África sub-sahariana.

Zumbi, 12 de agosto de 2007

  1. Debiades copiar a discusión das vosas páxinas de usuario neste debate, pois son importantes.
  2. Creo que propor afroestadounidense ou estadounidenses de orixe africana negra, para ser máis exactos, é tan inexacto como inapropiado. En primeiro lugar, porque esta categoría non é unha categoría étnica (non sei se tería demasiado sentido que houbese unha categoría étnica na Galipedia na mesma medida en que Castelao non está na categoría de eurobrancos), senón a unha comunidade. Unha comunidade que é recoñecida polos demais e polos seus propios membros. Dende ese punto de vista, os arxentinos de orixe negra non son afroamericanos, pero si Ben Johnson, por exemplo, que é de pasaporte canadense e nado en Xamaica. Creo que debemos manter afroamericano con ese significado, que entendo o único pertinente. --Xabier Cid 17:44, 12 agosto 2007 (UTC)
  • Pego o que puxen na páxina de discusión de Zumbi:
Ola, estiven buscando en libros de demografía afroaestadounidense e non atopei ningunha referencia, si aparece abondo afroamericano (e nos máis antigos negro) e estás seguro que a un negro chileno, arxentino aparece nalgures como afroamericano, podes dicir que son de orixe africana e americana pero un americano de orixe marroquí ou exipcia que son tamén de orixe africana xamais aparecen baixo o epígrafe de afroamericano, en teoría o que expós é certo pero os termos teñen os seus usos fixados e aínda que non sexan sempre precisos non os podemos cambiar se a comunidade científica non o fai primeiro, saúdos.--André 09:54, 12 agosto 2007 (UTC)
Para afroestadounidenses atopei 9100 entradas e parte son de páxinas moi mal traducidas do inglés onde na versión inglesa aparece afroamericano, podes ver na páxina en castelán afroestadounidense [1] e na orixinal en inglés african american por exemplo [2], o mesmo pasa con páxinas da administración americana, afroestadounidense en castelán [3],

African-American en inglés [4], e afro-américains en francés [5], non atopei ningún traballo científico onde apareza afroestadounidense xa que afroamericano é un termo oficial nos Estados Unidos para referirse a un grupo demográfico, tan só informes do goberno dos Estados Unidos pero o castelán que adoita empregar non é precisamente un exemplo académico con estruturas gramaticais cuspidiñas do inglés.

É certo que nalgúns países como Colombia se emprega afroamericano, en relación ao amefricano que pon na wikipedia en castelán é a primeira vez que o vexo e non teño idea. O que quero dicir é que aínda que adoptemos afroamericano para referirnos a todos os americanos de orixe africana subsahariana non vexo que podamos adoptar afroestadounidenses para referirnos especificamente á poboación negra dos Estados Unidos por que as referencias que vin son de baixo nivel: traducións (rápidas) ao castelán de documentos, informes ou webs. Pero a miña é só unha opinión e non é nin mellor nin peor que outras.--André 14:08, 12 agosto 2007 (UTC)

Que sentido ten usar esta categoría? Non vexo por ningures a categoría eurocaucasianos, por exemplo. Sei que é unha discusión vella, pero non vexo que estea resolta. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:39, 16 de decembro de 2010 (UTC)

Volver á páxina "Afroamericanos".