Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia

Último comentário: hai 10 anos de Xabier Cid no tópico Creación dunha páxina para recompilar topónimos

Ghana aparece así no Wikiproxecto, malia iso nos dicionarios aparece como forma galega Gana, propoño cambiar no wikiproxecto Ghana para Gana-Ghana.--Rocastelo 18:34, 2 Abr 2005 (UTC)

Paréceme razoábel --Alyssalover(fálame) 18:58, 2 Abr 2005 (UTC)

Referencias editar

Xa que este proxecto ten que basearse nas referencias que se atopen para facer os cambios, non estaría de máis que se foran engadindo ó mesmo tempo que se cambian os artigos, dese xeito tódolos cambios poderían comprobarse de forma doada. E agora que hai unha lista de fontes a cousa é moito máis doada. Eu ata poría un apartado no proxecto para que non se lle pase a ninguén este punto porque me parece moi importante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 22:10 (UTC)Responder

Amañar ligazóns internas editar

Outra cousa, outra parte do proxecto sería cambiar as ligazóns internas dos nomes vellos dos artigos, penso que esta debería ser a tarefa 3. Quizais iso podería facerse cun bot, pero tamén penso que sería bo que o nome dos artigos se amañan non se borre da lista para que quede apuntado para facer esta tarefa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 22:10 (UTC)Responder

Creación dunha páxina para recompilar topónimos editar

Boas Xabier Cid! Cres que poderíase crear unha páxina do tipo Axuda:Exotopónimos para poder ir listando os topónimos estranxeiros, de tal xeito que teñamos unha "base de datos" onde os usuarios podan consultar?

Exemplo:

Lugar Formas nativas Formas oficiais Forma RAG Outras formas galegas
Bilbao Bilbao, Bilbo Bilbao Bilbao
("bilbaíno")
Astrakán Астрахань
("Astrakhan")
Астрахань
("Astrakhan")
Astrakán Astracán (UVigo, UDC)

Qué che parece? Pode ir facéndose pouco a pouco, mais teño dúbidas sobre se debe ir en Axuda:Exotopónimos ou en Wikipedia:Toponimia/Lista de exotopónimos, ou noutra... --Norrin (Fálame) 26 de marzo de 2014 ás 15:03 (UTC)Responder

Pois con toda sinceridade, paréceme un traballo inxente e pouco produtivo. :) Quero dicir, se esa información xa está no artigo correspondente (Bilbao), para que recollelo de novo noutro sitio? Apertas --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2014 ás 15:16 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto Toponimia".