Abrir o menú principal

Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Estatística

Active discussions

EstatísticaEditar

Proposta de WikitomEditar

Dentro da categoría Matemáticas:

  • Estatistica e probabilidade
  • Teoria da probabilidade
  • Procesos estocásticos
  • Distribucións de probabilidade
  • Distribucións continuas
  • Distribución discretas
  • Estatística
  • Bioestatística
  • Teoría da detección
  • Econometría
  • Datos económicos
  • Error
  • Teoría da estimación
  • Deseño de experimentos

Vexo que se inclúe Bioestatística, econometría, estatísitca da detección, etc. Que son aplicacións da Estatística nas ciencias experimentais e sociais. Daquela penso que debería figurar a Física Estatística nun lugar preferente con subcategorías, xa que é un intrumento fundamental na termodinámica, na mecánica cuántica, na física de semicondutores, e a propia estatística da detección... Acabo de ver a proposta e isto é só unha idea que me acaba de xurdir, tentarei contrastala antes de que remate o prazo do debate.

--Nanotrasno 10:24, 21 outubro 2005 (UTC)

  • Saudos, para ir aportando algo máis e dado que a Estatística está fundamentada e ten como base a Aritmética Política, se podería incluir unha parte importante que é a Estatística Pública. Hai unha Lei específica chamada "Lei da Función Estatística Pública" en España, que desarrolla toda a estrutura da Estatística Oficial a nivel estatal. Na Galiza e como consta no Estatuto de Autonomía tamén se capacita para o desenvolvemento da Estatística para a sua utilización por parte da administración autonómica, sendo o IGE (INSTITUTO GALEGO DE ESTATISTICA) o principal organismo.

Mesmo nas Comunidades Europeas o EUROSTAT é quen sen encarga da Estatística para fins comunitarios... Todo o anterior ten unha importancia grande na vida das persoas: IPC, FONDOS DE COESION, etc... Eu proporía unha parte dedicada á ESTATÍSTICA PUBLICA (máis que política). Por varios motivos, a importancia na Historia da Estatística, a especificidade da aplicación dos métodos estatísticos no que respecta á elaboración de censos, proxección de poboacións, demografía, etc. e tamén pola sua especial importáncia na vida das persoas.

Tamén se podería ir pensando en CONTROL ESTATÍSTICO DE PROCESOS, moi importante no que se coñece comunmente como C0NTROL DA CUALIDADE. Aquí a argumentación é básicamente a especificidade das técnicas que se utilizan, a maiores de outras que son comúns a toda a Estatística.

Seguirei propoñendo.. pero para non agobiar,,,, unha aperta User:Vnovegil--mansdarea 18:12, 21 outubro 2005 (UTC)

  • Só un comentario, tede en conta que os nomes das categorías non sexan ambiguos coma no caso de Deseño de experimentos que podería confundirse con outra materia. Sería preferible introducir algunha variación no nome para que resulte preciso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:30, 21 outubro 2005 (UTC)

Hola, para que os nomes non fosen ambiguos en algúns casos, poderíase usar a palabra estatística para referencialos, por exemplo: Deseño de experimentos (estatística). En outras wikis teño visto que usan iso para diferenciar vocablos, como: raíz (matemáticas), ou función (matemáticas). Respecto ó que comenta Vnovegil dos apartados de Estatística Pública e control estatístico de procesos paréceme moi acertado. De feito, ó millor, os do IGE poderían botar unha man nos ratos libres. Se algén ten contactos alí, é cuestión de proporllo. Saudos, --Wikitom 21:54, 25 outubro 2005 (UTC)

  • Penso que a solución debe ser Deseño de experimentos estatísticos. Aquí non usamos paréntese para as categorías e penso que é preferible non comenzar a facelo. neste caso basta cunha pequena variación no nome para solucionalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:40, 26 outubro 2005 (UTC)
  • De acordo con Deseño de experimentos estatísticos. Saudos. --Wikitom 22:01, 26 outubro 2005 (UTC)
  • Saudos de novo, sobre o Deseño de Experimentos eu creo que non hai ambigüidade porque precisamente é un Método Estatístico creado por Biólogos (Fisher, Pearson, e muitos outros máis) e despois perfeccionado nos fundamentos teóricos polos Estatísticos Matemáticos. Precisamente a fase do Deseño de Experimentos é iso, deseñar como, cuando, qué datos, os factores, .... é unha actividade estatística... ainda que sexa feita por químicos, enxeñeiros, etc... User:Vnovegil--mansdarea 19:02, 29 outubro 2005 (UTC)
  • Sobre a estrutura principal da categoría Estatística onde se observa que hai: Historia, ....

Quería propor unha diferenciación dos Métodos e Modelos do que serían as aplicacións a campos específicos de estes modelos e que dan lugar a Disciplinas Estatísticas con nome propio. Me explico un pouco máis, podemos distinguir dentro Métodos e Modelos que poden ser aplicados en distintos campos: Deseño de Experimentos, Modelos de Regresión, Series de Tempo, Calculo de Probabilidades, Inferencia Paramétrica, Inferéncia Non Paramétrica, Números Indices, Técnicas de Mostraxe, etc..etc... E tamén podemos diferenciar do derradeiro as Disciplinas como: Dasomentría, Psicometría, Sociometría, Biometría, Econometría, etc,, tal como está na prosposta aparece todo mesturado, ainda que en estas disciplinas o que se faga sexa aplicar os métodos e modelos estatísticos a campos concretos. Para resumir, a miña proposta é que diferenciemos Métodos e Modelos das Disciplinas de aplicación. Unha aperta user:vnovegil--mansdarea 19:15, 29 outubro 2005 (UTC)

  • Poderías poñer a proposta como unha árbore na que se aprecie mellor a subdivisión en categorías, seguindo o modelo de Wikitom? Saúdos. --Prevert(talk) 19:20, 29 outubro 2005 (UTC)
  • Saudos de novo, sen problema Prevert, xa era o que ia a facer ... nuns dias fago unha proposta estruturada poñendo por unha banda Métodos e Modelos e por outra Disciplinas, e as dúas desarrolladas.

Por certo, busco e rebusco, e non hai máis Deseño de Experimentos que a técnica estatística que se chama así que eu saiba claro. Porque Deseño de Experimentos Estatisticos igual se entende que son experimentos que fan os estatísticos, pero precisamente os estatísticos non fan experimentos, os fan os médicos, químicos, físicos, ... etc.. coa técnica que se chama así Deseño de Experimentos. Pero qué é unha técnica estatística unicamente... Unha aperta a todos/as User:Vnovegil --mansdarea 22:20, 29 outubro 2005 (UTC)

Proposta VnovegilEditar

Olá saúdos, eu proporía o seguinte índice, para ir desarrollando en forma de subcategorías dentro da Estatística, a miña intención é recoller a de Wikiton engadindo alguns aspectos máis:

  • 1 Historia
  • 1.1 A Estatística até o século XIX.
  • 1.2 O nacimento da Estatistica actual
  • 1.3 A expansion da Estatística no século XX
  • 2 Métodos e Modelos Estatísticos.
  • 2.1 Cálculo de Probabilidades.
  • 2.2 Estatística Descritiva e Exploratoria.
  • 2.3 Técnicas de Mostraxe.
  • 2.4 Métodos de Inferencia.
  • 3.5 Modelos de Regresión.
  • 3.6 Modelos de Deseño de Experimentos.
  • 3.7 Análise Multivariante.
  • 3.8 Modelos con Datos Dependentes Espazo-Temporais.
  • 3.9 Control Estatístico de Procesos.
  • 4. Disciplinas
  • 4.1 Estatística Pública.
  • 4.2 Biometría.
  • 4.3 Psicometría.
  • 4.4 Econometría.
  • 4.5 Dasometría.
  • 4.6 Estatística Física
  • 4.7 Sociometría
  • 5 Persoas importantes na estatística
  • 6 Enlaces externos
  • 6.1 Instituto Galego de Estatística
  • 6.2 Organizacións internacionais
  • 6.3 Software estatístico
  • 7 Véxase tamén

Seguro que esquezo algunhas Disciplinas e/ou Métodos e Modelos, e haberá erros pero como todo muda e nada permanece... entre todos poderemos ir dando contido aos diferentes aspectos. A máis tamén vou a solicitar a cooperación de algúns estatísticos, para que aporten máis información. Unha aperta user:vnovegil--mansdarea 12:56, 6 novembro 2005 (UTC)

Hola, acabo de ver a proposta de Vnovegil e paréceme moi completa, soamente quero comentar algunha posible variación pequena: como do que se trata é de crear as subcategorías da estatística, sobrará o punto 7 Véxase tamén, e os subapartados do punto 6 Enlaces externos, creo que poderían ser en si subcategorias directamente da ponla estatística. Por último, non sei se se poderá anidar ainda mais e faer sub-subcategorías para meter nas propostas no apartado 2 por Vnovegil as que propuxen inicialmente e que aparecen en outras wikipedias, como 'Distribucións de probabilidade', 'Teoría da estimación', 'Teoría da detección'. A ver se con isto faemos unha estructura interesante e atraemos ó proxecto a estatísticos das universidades e do IGE, para que o teñan como fonte de referencia e boten unha man no desenrolo. Saudos, --Wikitom | Falar 19:31, 6 novembro 2005 (UTC)

  • Hola Wikitom, saudos, é para comentar-te simplemente que as Distribucións de Probabilidade se poden contemplar perfectamente dentro do Cálculo de Probabilidades. Todos os libros que tratan dos fundamentos da probabilidade contemplan conceitos como: Definición Aximomática de probabilidade, Sucesos, Experimentos aleatórios, Variáveis aleatórias contínuas e discretas, Función de Masa de Probabilidade, Función de Masa de Densidade, Función de Distribución, etc....., Distribucións Notables: Binomial, Poisson, Normal, etc.... Distribucións Límite, Procesos Estocásticos, etc.....

Todo pode ir dentro do Calculo de Probabilidades en xeral, máis que nada para non restrinxir a información. Ao final se alguen busca Distribución de Probabilidade, ou Variable Normal, esa información será buscada dentro de esta parte....

A respeito de Teoría de Estimación, ao facer a miña proposta xa pensei nela dentro de Métodos de Inferéncia porque de este xeito podemos ir desarrollando contidos para: Estimación Puntual, Estimación por Intervalos, Estimación Clásica, Estimación Bayesiana, Contrastes de Hipóteses, Contrastes Paramétricos, Contrastes Non Paramétricos, ... En xeral toda as técnicas de Inferencia

Tamén comentar-te que ainda que a opinión dos estatísticos (eu o son) é importante, case te diría que me importa máis o que opine unha persoa que non sexa estatística, porque precisamente son os que carecen de esta formación os que van buscar os termos que non sabe, e a información que non teñan clara. Pero iso xa será na seguinte fase, cando lle vaiamos dando forma ao contido... Unha aperta --Vnovegil --mansdarea 17:08, 10 novembro 2005 (UTC)

Hola, Vnovegil, gracias pola explicación, agora teño máis claro onde irá cada cousa. A estructura que plantexas creo que é moi consistente. Pola miña parte salvo que alguén aporte algunha millora, creo que poderíamos adoptar a tua proposta. Estes días non estou facendo case nada en artigos de estatística, pero e que non teño moito tempo e o pouco que teño estou adicándoo a facer artigos de historia, que son moi curtos e doados, a ver se ó fin acadamos o clube de 10.000 artigos. Saudos. --Wikitom | Falar 21:34, 10 novembro 2005 (UTC)

  • Saudos de novo, quería continuar aclarando algo que me faltaba, porque non sabía de onde proviña a fonte informativa. En relación á Teoría da Medición, e preguntando a Wikiton, sobre a fonte informativa, me informa que provén da wiki en inglés. Ao principio pensei que era relacionado con Teoría de Erros de tanto uso en Topografía, Física, Astronomía, etc... Pero en realidade se trata da Teoría da Medida. Dentro da Teoría da Medida está como particularización o Cálculo de Probabilidades que xa é específico e propio da Estatística, e por tanto creo que debería quedar así, facendo referencia a que se fundamenta na Teoría da Medida e o seu posible desarrollo de contidos dentro da Análise Matemática.

Sobre a Teoría de Erros, como é unha aplicación moi práctica da Distribución Normal de esto si que haberá que falar cando se lle dea contido a esta parte, sempre de un xeito claro para que todas as persoas o entendan.

Abrazos, a todos e todas Vnovegil --mansdarea 12:01, 12 novembro 2005 (UTC)

Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto Categorías/Estatística".