Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Alimentación

Discusión pechada. O 31 de agosto de 2007 aprobouse a rama de categorías de Alimentación.



(Proposta de Pedro traída desde A Taberna) --Xosé (✉) 18:33, 6 abril 2007 (UTC)

Categoría Alimentación editar

Espero que este sexa o camiño. O que propoño é reclasifica-la categoría Alimentos, hoxe incluída como subcategoría de Gastronomía e ésta á súa vez de Arte e cultura. Pode ser que a gastronomía se poida considerar como unha manifestación cultural, pero a meirande parte dos artigos (case todos) nada teñen que ver coa Arte e Cultura.

A idea é crear unha categoría básica Alimentación, mellor propia ou dentro de Ciencias da Saúde.

Contería 5 subcategorías:

  • 1. Nutrición: onde meteriamos cousas como dieta, dietética, principios inmediatos (proteínas, hidratos de carbono, graxas, vitaminas…), fibra, colesterol, calorías, alerxias e intolerancias alimentarias, anorexia, bulimia, alcoholismo, etc.
  • 2. Alimentos: con 3 subcategorías:
    • Alimentos de orixe animal (carne e proditos cárnicos, leite e produtos lácteos, peixe e produtos da pesca, mel, ovos, etc);
    • Alimentos de orixe vexetal (verduras, hortalizas, froitas, cogomelos, pan e pastas, especias, zumes e bebidas, café, etc);
    • Outros alimentos (auga, sal, azucre)
  • 3. Gastronomía, como manifestación cultural: festas gastronómicas, elaboracións culinarias [que non se debería converter nun libro de receitas], halal, koxer, historia da gastronomía, cociñeiros e/ou gastrónomos (Cunqueiro, Apicio, Picadillo).
  • 4. Teconoloxía dos alimentos: dúas subcategorías:
    • Conservación de alimentos (aditivos, esterilización, UHT, pasteurización, conxelación, refrixeración, afumado, conservas e semiconservas, fermentación, escabeche, salgado, envases e embalaxes, etc.);
    • Industrias alimentarias (depuradora de moluscos, cetárea, buque factoría, lonxa, matadoiro, central leiteira, establecementos de alimentación).
  • 5. Seguridade alimentaria: 3 subcategorías:
    • Seguridade alimentaria (autocontrol, appcc, prerrequisitos, manipuladores, cadea alimentaria, cadea de frío, bromatoloxía, control oficial, rastrexabilidade, educación sanitaria, Codex Alimentarius, Axencia Española de Seguridade Alimentaria, desinfección, desinsectación, desratización);
    • Etiquetaxe (etiqueta, datas, lote, peso neto, información nutricional, código de barras);
    • Intoxicacións alimentarias (biotoxinas, histamina, salmonela, coliformes, botulismo, triquinose, anisaquiase).

Non sei onde meter nesta clasificación conceptos como: Denominacións de orixe, cociña e trebellos de cociña, matanza (do porco), consumidor e os seus dereitos, Organismos Modificados Xenéticamente, alimentos funcionais.

Seica haberá que duplica-la categorización en casos como plantas e animais comestibles, que deberían estar no seu grupo biolóxico que lle toque e máis neste grupo de alimentos. Como tamén no caso das intoxicacións alimentarias, que deberían clasificarse tamén na categoría Enfermidades. Pero isto non creo que supoña problema ningun.

A ver qué vos parece. Saúdos. Pedro --Pedro 18:16, 6 abril 2007 (UTC)


  •   Concordo A verdade é que está moi ben plantexada a distribución de categorías. As ferramentas de cociña poderían ir en category: Ferramentas, aínda que logo habería que atoparlle ubicación dentro de alimentación. A matanza do porco podería ir nunha subcategoría dentro de Gastronomía que podería chamarse category:Tradicións. Tamén dentro de Gastronomía pode ir a category:Denominacións de orixe. AlberteSi, digame? 16:24, 10 maio 2007 (UTC)
  •   Concordo --Xabier Cid 17:02, 6 xullo 2007 (UTC)
  •   Concordo Lansbricae (Ti dirás) 17:38, 6 xullo 2007 (UTC)
  •   Concordo (pero o punto 4 debería ser Tecnoloxía, non Teconoloxía ;-) --Xosé (✉) 17:48, 6 xullo 2007 (UTC)
  •   Concordo --Prevertgl 19:34, 6 xullo 2007 (UTC)
  •   Comentario Tiramos adiante con isto, entón? AlberteSi, digame? 17:31, 22 xullo 2007 (UTC)
    • Non é sen tempo, ¿verdade? Non sei cando nin quen pecha os debates pero, cando chegue ese momento, encárgome eu de reclasificar tódolos artigos (coa axuda de Xosé, que seguro que se presta e que boa falta me fará). Pedro --Lameiro 17:36, 22 xullo 2007 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Wikiproxecto Categorías/Alimentación".