Conversa Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Xas

Creo que sería bo pechar esta votación xa, posto que ata setembro non será posible computar máis votos novos. Dígoo para evitar a frustración que lle pode provocar a calquera usuario o votar en balde. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:55, 2 de xullo de 2010 (UTC)

Coido que dado que a votación só se adentra 5 días no mes de xullo o máis sinxelo é deixar transcorre-la votación e que finalice. Se a votación fora presentada no propio mes de xullo ou transcorrera maioritariamente nese mes si que habería que cumpri-la regla para que a xente puidese votar. --Alberte Si, dígame? 22:35, 2 de xullo de 2010 (UTC)
Eu estaría de acordo con esa flexibilidade se dependese de min e non dunha política establecida. Pero a política expresa dun xeito moi pouco interpretable que os votos emitidos dentro do mes de xullo non son válidos. En calquera caso é obvio que o resultado da votación vai ser positivo, pero a forma tamén conta. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:45, 2 de xullo de 2010 (UTC)
Non se di exactamente iso que dis. A política di que os días de xullo e agosto non computan á hora de sumar 15 días. Porén non se di que os votos dados neses meses sexan inválidos, xa que son totalmente válidos. --Alberte Si, dígame? 22:53, 2 de xullo de 2010 (UTC)
Para evitar polémicas, copio e ligo: "A decisión sobre a aceptación ou rexeitamento da candidatura adoptarase transcorridos quince días dende a súa presentación. Os días dos meses de xullo, agosto, vacacións de Nadal e Semana Santa non serán computados". É obvio que os que deciden son os votos, non os días, o único que hai que computar son os votos, e os emitidos en xullo e agosto non entran na conta. En calquera caso a votación está decidida xa, pero non é o mesmo pechala con 11 votos positivos que con 14. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:18, 2 de xullo de 2010 (UTC)
Eu sigo sen atopar ningunha afirmación que diga que os votos quedan anulados ou non son válidos. Os días dos meses de xullo, agosto, vacacións de Nadal e Semana Santa non serán computados. Eu creo que é obvio. É distinto a Os votos dos días dos meses de xullo, agosto, vacacións de Nadal e Semana Santa non serán computados. --Alberte Si, dígame? 23:55, 2 de xullo de 2010 (UTC)

Esa interpretación é o que se chama coger el rábano por las hojas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:30, 3 de xullo de 2010 (UTC)

  • Semella que, de novo, unha redacción das políticas xoga unha mala pasada. A miña interpretación, entendo eu válida como a vosa, é que deberiamos deixar que rematase o prazo da votación para tomar a decisión de atribución ou non dos dereitos, pero os votos emitidos fóra dos días hábiles (como se lles chamou no consenso) non valerán e polo tanto deberán ser riscados. Imos ter que traballar arreo e revisar todas as políticas, pero xa sabemos que dos erros un aprende. --Toliño Fala aquí comigo 09:43, 3 de xullo de 2010 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Xas".