Conversa Wikipedia:Votacións á administración

Votacións repetidas editar

Menudo lio! Acabo de pinchar aquí dende a páxina da Taberna, e vexo que se está votando o mesmo tres veces (unha na taberna, outra o comezo desta páxina para a revogación en conxunto, e outra para cada un dos administradores en particular). ¿Non será mellor poñer na Taberna unha ligazón a esta páxina, e ademáis borrar a votación xenérica, e votar cada revogación en particular? Miguel.lima 22:10, 7 novembro 2007 (UTC)

  • Na taberna debería avisarse sen máis, dicindo que se pediu tal ou cual, neso tes razón. O que pasa que neste caso ao copiar dende aquí tamén se levaron os primeiros "concordos", dando lugar á confusión :). Logo aquí na elección é só propoñer e votar, sen máis. No caso da revogación é: Primerio unha "votación", na que si tres usuarios concordan en pedir a revogación dos permisos dun administrador pasase á votación en sí, que sería a que conta. Na primeira con que haxa tres positivos xa chega, non fai falla que o resto tamén concorde. A que conta é a votación "individual". É un pouco lioso :D --Banjo tell me 09:03, 8 novembro 2007 (UTC)

Votos a favor, en contra e neutros editar

Creo que o mellor, para que queden máis claras as votacións, é que ademáis de votar nas seccións correspondentes de cada ún (A favor, en contra ou neutro) debería usarse:

  •   Concordo para os votos a favor
  •   Discordo para os votos en contra
  •   Neutro para os neutros

Así ademáis de separar os votos en seccións podense identificar mellor á hora de facer reconto, e dan menos lugar a posibles confusións. --Banjo tell me 16:55, 15 novembro 2007 (UTC)

  • Estou de acordo con isto, non sei se os que votaron con   Concordo se equivocaron de sección o non usaron o modelo que debían. De calquera maneira penso que lles teriamos que preguntar por se acaso. --Toliño Fala aquí comigo 17:01, 15 novembro 2007 (UTC)
  • Si, hailles que preguntar, para saber ben o sentido do seu voto. Se queredes xa o fago eu. AlberteSi, digame? 17:45, 15 novembro 2007 (UTC)

¿Onde vos parece que arquivemos as eleccións de burócratas? editar

¿Onde vos parece que arquivemos as eleccións de burócratas? ¿Na mesma páxina que teñen as dos administradores? ¿Noutra diferente? A min dáme igual--Lmbuga Commons - Galipedia 18:30, 3 xuño 2008 (UTC)

Na mesma páxina diría eu. AlberteSi, digame? 18:39, 3 xuño 2008 (UTC)

Volver á páxina do proxecto "Votacións á administración".