Conversa Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/IES Breamo

Último comentário: hai 5 anos de Elisardojm no tópico Responsables

Responsables editar

Estevoaei ou Pazos2019, ou outro, poderiades poñer na sección inicial do proxecto quen son os usuarios responsables do proxecto?

Outra cousa, para evitar problemas doutras ocasións, pídolles a tódolos responsables que avisen ó resto de usuarios que non está permitido copiar contidos doutras páxinas, libros, etc, nos artigos da Galipedia xa que iso infrinxiría o seu copyright e tería que ser borrado. Se tedes calquera dúbida ou precisades algo, podedes deixarme aquí unha mensaxe ou na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 13:40 (UTC)Responder


Ola, Elisardojm, grazas pola túa colaboración.

O responsable do Proxecto de iniciación á Galipedia para profesorado é Estevoaei, e xa consta no inicio. Quizais deberiamos poñer tamén quen é o profesorado que está no proxecto para distinguilo do alumnado?

E cando dis sección inicial, refíreste a engadir un apartado inicial co profesorado responsable?—o anterior comentario sen asinar foi feito por Pazos2019 (conversacontribucións) 22 de febreiro de 2019 ás 11:09‎

Xa vale como o tedes agora coa sección de profesores Pazos2019, así se algún editor precisa algo, xa saberán a onde poden dirixirse, grazas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2019 ás 22:57 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Proxectos pedagóxicos/IES Breamo".