Conversa Wikipedia:Primeira malla de artigos da Galipedia

Último comentário: hai 10 anos de Elisardojm no tópico Nova

Creo que esta tarefa que se propón é tan difícil como necesaria. E pon de manifesto que cómpre ser máis fino (máis explícito) á hora de chantarlle a un artigo o marcador de atención. Estiven mirando algúns dos artigos marcados e vexo que os hai de todo tipo -o que tamén é normal- pero que hai veces nos que non acabo de entender a razón do marcador; claro que na maioría dos casos está claro. Por dar dous exemplos, temos os artigos curtos de máis, como son cidades brasileiras despachadas cunha liña (pero ¿que máis podemos dicir?, e ¿que facemos entón cos lugares de Galicia que non son máis extensos?), ou os artigos sen formato ou sen referencias que mesmo semellan resultado dun copia pega (que ben poden proceder da tradución dun artigo noutra lingua na que non se trouxeron as referencias). Tampouco me queda claro a razón de priorizar estes artigos con atención fronte a outras moitas carencias e problemas, pero supoño que por algures hai que empezar. Pero bueno, logo de tanto rosmar, a conclusión é que ¡adiante! e farase o que se poida. Por certo, que eu sempre entendín arrombar como rexeitar, arrinconar, deixar de lado, e iso de "arrombar entre todos a Galipedia" sorprendeume moito, pero xa vexo que a acepción que aquí se lle dá tamén vale. Vai a vella morrendo e vai adeprendendo. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 18:31 (UTC)Responder

Eu coñecía *arrumbar con esa acepción (as outras, por exemplo, si que non as coñecía), pero reviseino no dicionario da RAG e vin que o correcto era arrombar :) Como dis, Lameiro, nesta categoría hai de todo, coma en botica :), algunhas cousas son sinxelas de solucionar, outras poden dar bastante traballo, pero penso que, de cando en vez, é bo parar un pouco a máquina e quitar as arañeiras que temos no faiado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 19:20 (UTC)Responder

Intercambio de opinións editar

Ocórreseme que sería bo abrir unha minitaberna para este evento, buscar unha forma de debater ou consultar con outros editores o que a un se lle ocorra facer para "soluciona un artigo". Así, a miña primeira idea é borrar directamente esta ou aquela sección (ex. Comunicacións, en República Dominicana), pero antes de darlle ó delete quero unha segunda opinión. Outro exemplo, en Niño y Pistola sacaría directamente a marca de atención pero como a puxo HombreDeHojalata, calquera a toca. Ou en Smallingerland, borraríao directamente. Cando se trata de erros ortográficos, formatos ou cousas así non hai problema, pero noutros casos sería bo actuar cun certo acordo, sempre e cando ese acordo non se eternice nunha desas interminables discusións nosas que tanto nos gustan. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 22:15 (UTC)Responder

É unha boa idea, se queredes podemos usar esta páxina para esas dúbidas, ou na conversa da taberna. Pero tes razón que os comentarios non poden ser eternos, que a cousa non será para tanto. Se un artigo é moi curto tes razón que posiblemente non pague a pena mantelo, un artigo dunha liña é como non ter nada así que non hai pena de borralo (e que conste que non estou falando de ningún caso concreto, aínda non mirei ningún artigo). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 01:53 (UTC)Responder

Facilitando o acceso editar

Eu colocaría unha ligazón á categoría Categoría:Wikipedia:Todos_os_artigos_que_requiren_atención, para ter todos xuntos e que o usuario escolla e non ter que entrar en unha por unha en Categoría:Wikipedia:Atención. ※ Sobreira ►〓 parlez 17 de xaneiro de 2014 ás 11:44 (UTC)Responder

  Feito! Boas suxestión, metín a ligazón na sección "O traballo". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2014 ás 12:23 (UTC)Responder

Nova editar

Saleu a nova en Praza Pública. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 22:01 (UTC)Responder

Volver á páxina do proxecto "Primeira malla de artigos da Galipedia".