Conversa Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debería ter/tamaño
Problema
editarAviso: Esta páxina contén demasiados analizadores de funcións de chamadas.
Debe ter menos de 500 chamadas, e agora hai 998 --Alfonso mande 26 de maio de 2013 ás 11:29 (UTC)
- Xa lle mandei aviso a Toliño fai uns días, e estou agardando a ver se atopa algunha maneira de solucionalo, senón, haberá que crear dúas páxinas por separado. --JaviP96 26 de maio de 2013 ás 11:39 (UTC)
- Semellou solucionarse só. Como lle dixen a Javi na súa conversa, a función PAGESIZE é moi custosa para o software e non funciona sempre como debera. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 31 de maio de 2013 ás 14:06 (UTC)
Nematodos
editarEngadín á lista "Nematodos" por petición de Piquito, que me dixo que este artigo fora incluído na lista dos 1000 en substitución de "Anuros". Haberá que eliminar ademais "Anuros"?Miguelferig (conversa) 4 de agosto de 2013 ás 15:49 (UTC)
- Si, foi unha substitución na lista orixinal de meta, xa quitei os Anuros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2013 ás 14:48 (UTC)
Pagesize
editarNon funciona o pagesize do artigo Arqueas. Será porque se lle cambiou de nome de Archaea e Arquea a Arqueas? --Miguelferig (conversa) 8 de agosto de 2013 ás 00:12 (UTC)
- Pasei a ligazón de Arqueas á segunda páxina e agora parece que xa funciona. Debía ser que xa era demasiado traballo e non pasaba de aí :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2013 ás 14:43 (UTC)
Negrita
editarTen algún significado concreto que uns artigos estean en letra grosa (negrita) e outros non? Se non o ten, poderían poñerse en negrita os que pasan de 30.000 bits, que son nos que se supón que o traballo principal xa está feito. Sería máis informativo.--Miguelferig (conversa) 1 de xaneiro de 2014 ás 18:40 (UTC)
- Están en negras os artigos de maior prioridade que se indican na lista orixinal de meta e que se consideran que son os máis necesarios que toda Wikipedia debería ter. Eu penso que non fai falta que se poña en negras ningún artigo, o tamaño xa se ve ó lado dos artigos e as negras da lista de meta é para que as wikis pequenas teñan unha guía para saber por ónde comezar a estruturarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2014 ás 09:35 (UTC)
Oído / orella
editarCreo que a inclusión do artigo "orella" nesta lista no apartado Anatomía é un erro de tradución. Con toda probabilidade debe tratarse de "oído". En inglés ear pode ser oido ou orella, e de aí pode provir a confusión.--Miguelferig (conversa) 21 de agosto de 2015 ás 19:58 (UTC)
- Tes toda a razón, vou cambiar os interwikis de orella e traducir de es.wiki oído. Logo haberá que amañar as listas e as categorías. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de agosto de 2015 ás 23:48 (UTC)
- Feito!, agora xa temos o artigo oído. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de agosto de 2015 ás 00:34 (UTC)
Dinosauro
editarNon sei por que demo aparece este artigo cun tamaño de 0 bytes. É o derradeiro artigo desta primeira parte da lista, alguén sabe como amañar o asunto? Xosé Antonio (fálame sempre) 31 de xullo de 2021 ás 16:13 (UTC)