Abrir o menú principal

Conversa Wikipedia:Burócratas

Estiven traducindo isto da correspondente páxina da wiki portuguesa como se dixera hai uns días (non sei onde). Por favor, revisádeo porque non sei se estará moi ben. Espero que isto sirva para axudar a resolver algúns dos problemas que xurdiron este verán e nos que non quixen participar porque non me enterei de moito do que ocorría ;) --Toliño 10:20, 10 setembro 2007 (UTC)


PROPOSTA:


Un burócrata é un administrador que ten permisos ao nivel do software para, entre outras cousas, promover a calquera usuario rexistrado a administrador e calquera administrador a burócrata. Esta función dos burócratas é a única na Wikipedia que non pode ser revertida por ninguén, con excepción dos Stewards, todos ligados a outras wikipedias.

Os burócratas son escollidos mediante votación e só poden ascender a burócrata a usuarios que xa son administradores. Actualmente, na Galipedia, existen 5 burócratas (ver a Lista de Burócratas). Os burócratas só poden ascender usuarios a administradores se estes foron aprobados pola comunidade.

Funcións dos burócratasEditar

Estatuto de administradorEditar

  • Atribuír o estatuto de administrador a outros usuarios despois de chegar a un consenso.
    • Arquivar a votación.
    • Avisar ao usuario do resultado na súa páxina de discusión.
    • Actualizar a lista de administradores.

** Actualizar a páxina de noticias con {{Noticia usuario}}. (non temos creo)

    • Actualizar a sección de resultados recentes da predefinición da páxina das mudanzas recentes. (non sei a que se refire)

Estatuto de burócrataEditar

  • Atribuír o estatuto de burócrata a outros usuarios, despois de alcanzado un consenso.

Estatuto de botEditar

  • Atribuír ou retirar o estatuto de bot a outros usuarios, segundo as políticas vixentes.

Nota: este é o único estatuto no cal os burócratas teñen dereito e poder de retirar.

Renomear usuariosEditar



  •   Concordo cos cambios realizados por Lansbricae. --Toliño 07:21, 13 setembro 2007 (UTC)
  • Creo que tradución de Xabier Cid é boa e debería ser considerada como a proposta a valorar. Lansbricae (Ti dirás) 12:21, 16 setembro 2007 (UTC)

Taboleiro dos burócratasEditar

  • Penso que debería ser eliminado o taboleiro de burócratas, xa que xa existe o Taboleiro dos administradores, onde indistintamente poden responder burócratas e adminiistradores ás dúbidas ou peticións que se planteen. Dividir este taboleiro en dous penso que é complicar un pouco á xente. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:16, 26 setembro 2007 (UTC)

Creo que é necesario porque se menciona expresamente en Wikipedia:Burócratas e porque as funcións de burócratas e administradores non son as mesmas. Ademáis temos que ter en conta que non todos os administradores son burócratas. A esto se une que existe unha votación aprobada desde fai unha semana sen executar Wikipedia:Resultados de votacións, por iso me decidín a facelo seguindo o modelo do Taboleiro dos administradores. Lansbricae (Ti dirás) 15:24, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Quizais estes dous taboleiros se poidan refundir en un, cunha parte para administradores e burócratas e outra exclusiva para ser solucionada por burócratas (o tema dos bots). Habendo dous taboleiros os usuarios pódense confundir, ou non atopar o dos burócratas ou eu que sei. A min paréceme un engorro. A mención expresa en Wikipedia:Burócratas pódese cambiar, é unha páxina informativa que explica as responsabilidades dos burócratas e quizais o do taboleiro de burócratas meteuse aí non sei por que, tendo o dos administradores. Creo que ademais había que chegar a un consenso antes de crear este taboleiro. AlberteSi, digame? 15:29, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Eu iría máis lonxe e suprimiría a figura dos burócratas deixando só os administradores. As súas funcións non son as mesmas en detalles nimios, e ben poderían fusionarse funcións. Paréceme un escalafón absurdo, polo menos ó noso nivel. Cando sexamos tantos como noutras wikipedias... igual pode ser necesario, hoxe non.
  • Como sei que esta miña batalla está perdida de antemán, admito pulpo como animal de compañía e sigo: proporía cambia-lo nome de "burócratas", cheo de connotacións negativas. Claro que non se me ocorren alternativas. "Moderador/es" podería valer, pero tamén é unha figura caída en desgraza.
  • E como moito me temo que tampouco se acepte esta idea, apoio a proposta de Alberte: non non compliquémo-las cousas creando páxinas e páxinas que non achegan nada positivo e sí que complican a navegación, e unamos nunha soa administradores e burócratas. A existencia de seccións permite separar unha cousa doutra sen problema ningún. Lansbricae quéixase da falta de comunicación cos burócratas: ¿cres que se vai facili´tar cun taboleiro para eles sós?
  • Agora noutro nivel:
    • Vense dicindo (resumindo) que "os burócratas nomean administrador a outros usuarios despois de chegar a un consenso". ¿Un consenso, entre quen? ¿entre eles ou entre tódolos usuarios?
    • E que "os burócratas nomean burócratas a outros usuarios, despois de alcanzado un consenso". ¿A outros usuarios ou a outros administradores? ¿Consenso entre burócratas, entre administradores ou entre usuarios?
    • Atribúen ou retiran o estatuto de bot a outros usuarios, segundo as políticas vixentes". Aquí boto de menos un enlace á páxina que estableza cales son "as políticas vixentes".
  • Saúdos. Pedro --Lameiro 16:32, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Eu non lle vexo problema ningún e explico porque o que explicaron entre todos a min quedoume clariño, a ver:

1- A páxina de Burócratas é común a tódalas Wikis, polo tanto non é algo sobre o que teñamos que acadar ningún tipo de consenso, só no caso de querer modificar algo do que nesa páxina aparece recollido (incluido o Taboleiro de Burócratas) é cando o interesado en modificar algo, que presente a proposta oportuna e entre todos trataremos de atopar o consenso, se non se chega a consenso, é cando se somete a política de votacións.

2- As funcións dos burócratas son distintas das dos administradores, poden dar e quitar permisos de administradores e de burócratas, de bots e renomear usuarios (a maiores das que teñen como administradores). Eu nesto, penso que debemos ter administradores que sexan burócratas (co fin de xestionar eses permisos que o fin e ao cabo son as funcións a maiores que teñen) e só administradores que xa están bastante ateigados de traballo ordinario.

3- En canto o que di Lameiro de que os burócratas nomean administrador a outros usuarios despois de chegar a un consenso, penso que hai que acabar de poñer a frase completa: na páxina de eleccións á administración. O que ven a dicir é que a comunidade decide como se elixen aos administradores ou ten que establecer o procedemento de elección e o burócrata simplemente fai o nomeamento (algo similar ao que fai o rei cos ministros, salvando as distancias). Polo que dado que se está a sacar o tema, animo a todo o mundo a desenrolar unha política de eleccións a administrador ou burócrata que penso que é bastante máis importante, dado que agora mesmo estamos escasos de administradores e máis de burócratas.

4- En canto o de que o taboleiro de burócratas facilite a comunicación con eles, penso que si, nos dous sentidos, por un lado, para os usuarios, temos un enlace no dos administradores que nos dirixe ao dos burócratas e doutro ao ter funcións específicas, se se lle quere pedir algo en xenérico ou eles comunicarse entre sí sen personalizalo teñen o de burócratas que é máis específico que o de administradores.

5- En canto o que di Lameiro de que bota en falla o enlace a cáles son as políticas vixentes, xa varios usuarios, como o podes ver na Taberna o pediron, e a ver se se fai porque axudaría moito, neso concordo plenamente contigo. Alma 16:58, 26 setembro 2007 (UTC)


  • Concordo con Lameiro. Creo que se refire a que ter 2 niveis de personas con máis responsabilidades (administradores e burócratas) é innecesario, e eu estou de acordo. De feito na wikipedia española todos os administradores son tamén burócratas, e pensando igual que lameiro fixeron unha votación para cambiarlle o nome e se denominaron Bibliotecarios. Creo que a eliminación dunha figura para homoxeneizarnos dende a administración estaría mellor, facilitaría as cousas ós usuarios e ós "administradores". Sigo pensando que hai que chegar a un consenso para ver se é mellor un taboleiro ou dous. A min o dos burócratas paréceme totalmente innecesario. AlberteSi, digame? 17:10, 26 setembro 2007 (UTC)
    • "Bibliotecarios" ¡moito mellor, desde logo! (terei que pasearme máis pola españipedia). Canto o resto, manteño o dito. Pedro --Lameiro 17:14, 26 setembro 2007 (UTC)

Non entendo toda esta discusión:

  1. O contido de wikipedia:Burócratas non é meramente informativo, é un contido común a todas as wikis. (Eu xa pedira que se marcasen de xeito específico artigos como estes para aclarar a situación)
  2. De ese contido só son modificables mediante o sistema que teña cada wiki os sistemas de elección dos burócratas e supoño tamén a posibilidade de que haxa un taboleiro común de comunicación ou non.
  3. A existencia de burócratas e administradores é algo moi diferente á creación do taboleiro. É algo que debe ser decidido pola comunidade, do mesmo xeito o nome que lle queiramos dar bibliotecario, gardartigos ou o que nos veña en gana. Tamén a posibilidade de que todos os administradores sexan a un tempo burócratas. Mesturar ambas cousas non ten lóxica na actualidade sobre todo tendo en conta que carecemos dun sistema electivo de administradores e burócratas
  4. Eu creei o taboleiro motivado porque a comunicación cos burócratas na actualidade non funciona, ou non funciona como debería ser. Existe unha votación sobre User:Moderador que leva unha semana sen ser aplicada, non por que non entraran burócratas nesa semana, senón porque non executaron o decidido mediante o sistema oficial de votacións. A causa pode estar en que non funcionase o sistema de comunicación cos burócratas, alternativa que prefiro, xa que a outra alternativa que se me ocorre sería que os burócratase se estiveran a negar a realizar as súas funcións (e nese caso a única alternativa que se me ocorre sería elexir novos burócratas que acepten executar o acordado pola comunidade).

Non quero decir con todo esto que esté en contra da fusión dos dous taboleiro, ou en contra da fusión das figuras de administrador e burócratas nunha sóa ou outras medidas, só que non creo que teña que ver en nada coa creación do taboleiro dos burócratas como consecuencia do desenvolvemento do contido de wikipedia:Burócratas, pero o certo é que creo que mentras non consigamos que se poida executar o que imos aprobando todos difícilmente poderemos chegar a reformas maiores como as que se expuseron Lameiro ou Alberte. Lansbricae (Ti dirás) 17:51, 26 setembro 2007 (UTC)

  • O de: executar o que imos aprobando todos non creo que vaia polo taboleiro de burócratas. Outra cousa, ó mellor non fai falla ser burócrata para levar a votación a meta, quizais chega con ter conta en meta, así poderías levala ti alí. Terei que preguntar. Só iso. AlberteSi, digame? 17:59, 26 setembro 2007 (UTC)
  • A ver, Lansbricae, non te me sulfures, coño, que isto é ben fácil de entender.
    • Unha cousa é a aplicación da votación sobre o Moderador. De acordo que se houbo unha votación cun resultado, deberase aplicar. Non lle vexo eu présa ningunha pero tampouco ten sentido prolongalo no tempo.
    • Que se execute ou non esa votación non afecta para nada (nin a favor nin en contra) outros cambios e propostas que se nos van ocorrendo. Pode que distraigan a discusión, iso si, pero máis nada.
    • Alberte o único que defende é o de fusiona-los dous taboleiros, que é o miolo da túa actuación ó crear esa páxina. Eu aproveitei a ocasión para opinar sobre a necesidade da existencia dos burócratas (vale, non viña a conto e creo que deixei claro que era só unha opinión, non unha proposta a discutir). e sobre o nome (galgos, podencos, pode ser, pero ¿está fóra de lugar aproveitar que falamos deles para propoñe-lo cambio de nome).
    • Mesturar co miolo da discusión (o taboleiro dos burócratas) o feito de que as súas funcións son moi diferentes ou nimiamente diferentes tampouco non se sae do tema. A miña opinión da escasa diferencia é unha razón máis para manter unidas páxinas dos dous e taboleiros dos dous. A inexistencia da facilidade nas comunicacións ó crearlles un taboleiro específico, é outra razón, logo tampouco está fóra de lugar dicilo aquí e agora. Unha terceira razón: a pura comodidade de acceso á información (xunta ou desperdigada).
    • Estou asombrado de que, co pouco que me interesa este tema, estea dedicándolle tanto tempo. Así que sinto haber metido "ruído" e que che parecera mal. Saúdos. Pedro --Lameiro 18:11, 26 setembro 2007 (UTC)
  • Non teño que preguntar algo que xa está recollido neste propio artigo "Atribuírlles o estatuto de administrador a outros usuarios, cando a comunidade chegue a un consenso na páxina de eleccións á administración.." e a esto se engade que a clasificación e definición de burócratas e administradores é común a todas as wikis, de xeito que un bibliotecario da wiki es para dar de alta ou baixa en metawiki como bibliotecario ten que identificarse como burócrata. Pode que a alternativa cando os burócratas non cumpren co seu cometido sexa poñerse directamente en contacto un administrador ou un usuario do proxecto con alguén de metawiki, e demostrar o resultado do acordado para que sexa executado en meta, pero considero que esa sería unha situación límite na que ocorre unha disfunción entre o que deberían facer e o que fan os burócratas.

A túa primeira frase non a entendín, polo que non sei como valorala. Só sei que houbo unha votación, unha decisión e debe haber unha execución do acordado sen necesidade de ter que propor un prazo máximo para que os burócratas cumpran os encargos que lles confire a comunidade ou posibles solucións alternativas.

Con respecto ao dito por Lameiro concordo en moito do que dis, e non me sulfuro home, espero que eses tempos non volten máis, pero é que esa alternativa de facer do taboleiro dos administradore un oco tamén para o de burócratas xa o propuxen eu fai tempo e non foi nin valorado. Tamén se falara de cousas das mencionadas antes.

Eu persoalmente son partidario desa unión, pero mentres non exista consenso non entendo posible a inexistencia dun lugar oficial co que poñerse en contacto cos burócratas, e a redación do artigo wikipedia:burócratas o contemplaba sen queixa aparente por parte de nadie.

Do da unión dos cargos de administrador e burócrata é un tema no que non teño unha valoración persoal clara nestes momentos. Supoño que co desenvolvemento das políticas necesarias sexa útil abrir esa discusión.

Non teño problema ningún en falar e discutir, dentro das regras da boa fe, discordar e concordar con todos e cada un de nos, pero entende que semellaría como si eu entrase a falar de incorporar o uso dos nomes científicos non só para os seres vivos senón amplialo a obxectos inertes. Podería facer un comentario co meu voto pero non pretender trastocar o sentido dunha votación, xa que si se chegou á votación foi porque antes non se poido chegar a un consenso. Por eso entendo que as aportacións tendentes a modificar o existente terían que proporse na taberna e tratar de chegar a un consenso sobre elas, pero non descalificar o desenvolvemento do existente na actualidade que foi o único que fixen eu.

Da importancia do tempo que leve executar votacións pois neste caso pode resultar secundario pero noutros nos que a un administrador se lle poida ir a cabeza ou lle sexa usurpada a súa conta si sería importante a velocidade de resolución. Tendo en conta que o sistema de votacións xa implica unha previa discusión para tratar de chegar a un consenso e o posterior periodo de votación estariamos a falar dun sistema que pecaría de pouca axilidade. Creo que nisto que haxa un ou dous taboleiros non afecta.

Por esto penso que o mellor sería recoller todo o debatido aquí e traballar con elo. E moi decepcionante casos como o consenso ao que se estaba chegando co "Véxase tamén" queden nun baleiro ata que alguén o retoma moito despois Lansbricae (Ti dirás) 18:30, 26 setembro 2007 (UTC)


Ben, coido que no anterior vés a dicir que hai que disparar primeiro e preguntar despois. Nesta wikipedia non ten sentido ningún o taboleiro de burócratas (nin sequera en Commons, que move moita máis xente non a ten [1]). Se vamos ter un taboleiro único para os burócratas para que unicamente alguén pida o cambio do nome de usuario (que pasa poucas veces ó ano), que se pode facer perfectamente no taboleiro dos administradores. Os bots se piden na páxina correpondente (bots/petición de aprobación) e xa máis nada fan os burócratas. Vamos que non é necesario para nada ese taboleiro, e sobre todo o xeito no que foi creada. Tampouco estou de acordo en andar con prazos para os burócratas. A xente ten vida fóra de aquí, e tratalos como empregados nosos non é de recibo. AlberteSi, digame? 19:04, 26 setembro 2007 (UTC)


Vale, o de disparar primeiro e preguntar despois non o entendo polo que non vou a valoralo. Que non lle entendas un sentido ao taboleiro é respetable o mesmo que o dos prazos, incluso concordo. Outra cousa é que o fagas cando xa foi creado cando se diu por válido o contido de Wikipedia:Burócratas creado fai pouco e que insisto é un contido común a todas os proxecto wikis.

Cando ese contido foi creado presupoñía a creación dos artigos que menciona, e cando foi considerado como oficial por ser común a tódalas wikis (sego insistindo en que non lle vendría mal un marcador a este tipo de páxinas e a subcategorización da category: wikipedia:Políticas e normas), e para facelo seguín o modelo do de administradores, polo que non entendo a que te refires no xeito en que foi realizado. Pois creo que se fixo como se fixo nun principio o propio de Wikipedia:Burócratas e moitos outros.

Entendo que todos temos vida fora de aquí. en ningún momento teño criticado a nadie por dedicarlle máis ou menos tempo as cousas. A miña preocupación radica en que os procedementos da Galipedia eviten moito tempo de tramitación e execución e moitos queden arquivados a medio tostar en páxinas diversas. Non pretendo responsabilizar aos burócratas que están actualmente, sería ridículo, quizais a fusión de administrador e burócrata axudase a evitar ausencias, pero sen existir un sistema establecido de seleción de administradores non considero moi útil comezar falando de fusionalos, é unha opinión persoal, quizais me trabuque e depende de onde se contextualice a aportación.

Unha aportación que desvirtúe unha proposta inicial non ten porque ser mala de per se, sempre que cambie sobre a base da confrontación de ideas cara a consecución dun consenso (creo necesario facer un artigo wikipedia:Consenso para resaltar que é a vía principal de toma de decisións, e delimitar se o concordo nun consenso debe estar suxeito as mesmos requisitos que o establecido en wikipedia:votacións) pero esa aportación non debe ter como obxecto a manipulación en interese dunha das partes (como eu entendín en agosto o anuncio en cambios recentes) xa que nese caso non se trataría de chegar a un consenso e haberia que pasar a tratar o tema mediante o sistema de votacións. Neste caso entendo que non se debe iniciar un procedemento de discusión a partir da creación dun taboleiro dos burócratas provinte de wikipedia:burócratas para analizar todo o artigo wikipedia:burócratas que tivo tamén os seus momentos de discusión e que poden ser de novo abertos, e deben creo eu. Pero si o punto de partida e poñer en dúbida "o xeito de facer" o taboleiro entenderás que comeza o proceso do consenso con un certo aire viciado, máis se cabe cando a cuestión de fondo é a de retirar os permisos de administrador a MODERADOR, administrador títere que foi mal utilizado ao final da respetable vida do monicrego e que se insertou como parte da páxina caso agosto que en principio nin por casualidade iba por esos lugares. Creo que nestes paso debemos ser precavidos. Entendo o teu recelo pero coa creación do taboleiro a miña pretensión final, axustándome as normas, era descargar da responsabilidade aos administradores de ser o punto de enlace cos burócratas, ante a posibilidade de que éstes últimos non queiran responder ás súas demandas. Eu non puxera a petición, que me levou a crear o tab. de burócratas, no taboleiro de administradores porque xa vira que un administrador estaba a pedir aos burócratas como executar a votación pechada o 19/09.

Espero non ter sido moi brusco na fala e espero poidamos borrar o taboleiro de burócratas canto antes e chegar a consensos nos que cantos máis participemos mellor. Espero sigamos esta discusión por rueiros que nos leven ao entendemento franco. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:49, 26 setembro 2007 (UTC)

Volver á páxina do proxecto "Burócratas".