Denomínase consenso a un acordo entre dúas ou máis persoas en relación a un tema.

Unha decisión por consenso, non obstante, non implica necesariamente o consentimento activo de cada un, máis ben consiste nunha aceptación no senso de non-negación. Neste tipo de modalidades de decisión encontrou o seu fundamento a democracia grega.

Outras interpretacións do vocábulo inciden na idea do consenso como formador das sociedades (en oposición aos conflictualistas, que atopan en Hobbes a explicación máis veraz nas súas interpretacións sobre a existencia da sociedade, defendendo unha natureza humana tendente en maior ou menor medida á igualdade de conxuntos de crenzas, con distintos argumentos e elementos teóricos en cada caso.

Deste xeito pódese falar de dous significados: un é o acordo xeral entre os membros dun grupo ou comunidade, e o outro é unha teoría e práctica de recepción de acordos.

Consenso versus decisións por votación editar

 
O consenso establécese cando dúas ou máis partes chegan a un punto común de decisión durante unha negociación
 
Ao contrario do consenso, unha decisión tomada por medio da votación tende a reforzar a opinión dunha única parte

O consenso obténse por medio do diálogo. Facendo unha analoxía matemática, a persoa A fala 5, ao mesmo tempo que B fala 2. Despois dalgún tempo, A fala 4,5, e B fala 2,15. Ao final, A e B deciden que a mellor solución para ambos é 2,80, cedendo ambos un pouco nas súas posicións iniciais.

O consenso é, deste xeito, obtido polo feito de que ambas as partes ceden, concordan e discordan, obtendo un resultado final diferente do inicial tomado como punto de partida, producindo beneficios e perdas comúns a ambas as partes ou ata mesmo coa formación dunha nova solución, que incorpore a suma de ambas posicións. As partes buscan os obxectivos en común das súas propostas, dialogan para definilos, negocian os trocos, tentando manter os mellores puntos e desfacéndose dos que consideran peores ou menos importantes.

Por medio das palabras, as partes descobren se hai consenso ou non. Deste xeito a decisión por consenso ten a tendencia de ser máis construtiva, xa que nela tódalas opinións son escoitadas, ponderadas, e inclusive as minorías ou partes menos influentes do grupo teñen voz para renegociar unha determinada decisión, expoñendo os seus puntos de vista e manter unha discusión sobre un determinado asunto ata que se chegue a un consenso. Neste aspecto o consenso ponse en relación coa liberdade coa que unha persoa traballa nunha comunidade ou grupo.

Débese ter coidado para non confundir a procura dun termo medio co consenso, pois este é un método de toma de decisións no que as opinións de todos son escoitadas e a solución final non necesariamente é produto dun termo medio.

É posible que algún conflito de intereses imposibilite a construción dun consenso. Nestes casos, a resolución pode obterse por medio dunha votación.

A votación é outra metodoloxía para a toma de decisións e a resolución de conflitos. É un método empregado nos casos nos que o consenso é impraticábel. Xeralmente, cuestións que comportan gustos persoais e criterios de índole moral teñen maiores dificultades para que se poida obter un consenso, pois algúns detalles da discusión poden ser considerados inflexíveis.

Deste xeito a votación é unha vía para obter a maioría, e facer que a decisión acordada sexa aceptada e respectada conforme as regras predeterminadas de común acordo, a pesar de que a parte perdedora non concorde co resultado após o fin da votación, polo que é diferente da idea de consenso, no que todos buscan puntos de común acordo.

Exemplos de consenso editar

Un exemplo de tomas de decisións por medio de consenso é o existente no modelo Westminster de democracia, posto en práctica no Reino Unido. Neste sistema democrático, sen necesidade de votacións, as decisións do gabinete son tomadas por medio de accións incluídas de consenso, isto é, todos os ministros debaten as súas posicións, e ao final teñen que concordar na acción que vaia a ser tomada, e defendela publicamente. En situacións excepcionais, como o caso dun ministro que non concorde co rumbo da decisión, pode renunciar ao seu cargo, como fixo Robin Cook con motivo da invasión de Iraq, no ano 2003.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar