Conversa:Zifioideos

Último comentário: hai 10 anos de Xoio no tópico O nome zifio

O nome zifio editar

Aínda que o termo zifio non figura aínda no dicionario en liña da RAG, é de esperar que pronto o estea, xa que se a Academia adpta, moi correctamente —segundo as normas de adaptación de termos cultos de orixe grecolatina— o latín científico Ziphiidae (como zifíidos), formado sobre o xenitivo do primeiro compoñente, Ziphius, -i coa desinencia -idae propia dos nomes das familias de animais (de aí o duplo i), é de supoñer que tamén adapte o nome do xénero, Ziphius (Ziphium en acusativo), como zifio.

Por outra parte, no Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos de Lahuerta e Vázquez (Santiago, Xunta de Galicia, 2000), que conta co tratamento terminolóxico de Manuel González González (TERMIGAL), aparecen varias especies da familia con nome de zifio. --XoioÉche o que hai 23 de agosto de 2013 ás 20:33 (UTC)Responder

Volver á páxina "Zifioideos".