Conversa:Xoán Paulo II, papa

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

Con tódolos respetos creo que a parte de ensinanzas ou ben non debería estar no artigo senón nun artigo aparte ou ben simplemente non estar, xa que unha enciclopedia non ten como obxectivo a difusión dunha relixión sexa a que sexa. Quizais o contido sexa mais propio doutro proxecto como wikisource. A mais semella que se tratan de extractos textuais de encíclicas polo que creo están fora de lugar. Poden ter unha finalidade moi apreciable pero non creo que deban ser obxecto da redación enciclopédica. Qué pensades? Lansbricae (Ti dirás) 00:44, 13 maio 2007 (UTC)

Onde radica a relevancia social e histórica dun líder relixioso é xustamente nas súas ensinanzas. O que non sería enciclopédico sería omitilas. O artigo está baseado claramente na versión inglesa e na española. Nas Wikis doutros idiomas aparecen tamén ensinanzas, pero nalgunhas ao non remitirse aos textos orixinais, prodúcense violentas polémicas que son ocasión de excesos que raian no vandalismo. Á vista destas experiencias, creo que a versión galega gaña en neutralidade coa remisión aséptica ás encíclicas, sen comentarios nin filtros interpretativos. Onde se perde a neutralidade creo que é en certo culto á personalidade (gran atleta, montañeiro, saúde...)e na pasada da referencia ao eclipse, pero non na plasmación das ensinanzas. Como Galicia é un pais historicamente sometido ao adoutrinamento católico, é moi entendible que o apartado poida soar a difusión de ideas relixiosas fóra de lugar. Se se tratase de explicar as ideas de Gandhi, ou as recollidas nas sutras de Buda ou nos textos coránicos non teriamos á mesma impresión. Unha solución contraria xeraría un precedente que amputaría irremediablemente os contidos sobre personalidades da relixión e a cultura relixiosa, e podería ter tamén consecuencias reduccionistas para os artigos de filosofía, política e pensamento onde a galipedia non está precisamente forte. Un saudo, co meu recoñecemento á encomiable laboura de Lansbricae. 14 maio 2007 (O anterior comentario foi obra do usuario 195.77.92.197, o 14 de maio de 2007 ás 11:33, pero esqueceu asinar.)

Neutralización editar

Comezo neutralización a fin de retirar o marcador dende marzo de 2011. --Norrin_strange (Fala-me) 22 de agosto de 2013 ás 06:51 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xoán Paulo II, papa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 15:28 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xoán Paulo II, papa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 10:28 (UTC)Responder

Volver á páxina "Xoán Paulo II, papa".