Conversa:Voo 5022 de Spanair

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled editar

Chámame a atención o léxico empregado, con diversas palabras alleas ó galego:

  • tivo un accidente durante o despegamento (máis adiante: despegue)
  • A aeronave caeu inmeadiatamente após despegar
  • tornando o primeiro accidente con mortes
  • a aeronave, que carregaba 164 pasaxeiros (¿"cargar" pasaxeiros, mellor "transportar" )
  • a aeronave... pasou por un incendio no motor dereito
  • O xornal El País noticiou que a aeronave tentara anteriormente e abortara o seu despegue. (El País e tódolos medios de comunicación)
  • Tras a manutención no solo (e máis adiante "tralo accidente")
  • Especúlase que o restante dos pasaxeiros

Por outra banda, afírmase primeiro que houbo 153 mortos e 19 feridos (=172) e máis adiante que transportaba "164 pasaxeiros e 9 tripulantes" (= 173). Tampouco cadran as cifras de feridos: primeiro "19 feridos, 6 deles en estado crítico" pero logo son "Dezanove dos sobreviventes estaban en estado crítico".--Lameiro (conversa) 22:33, 23 agosto 2008 (UTC)

  • Máis:
    • Non creo que se poida calificar de "abortar" o primeiro intento de despegue xa que nin siquera o comezara.
    • o accidente foi ás 14:45 horas, non ás 14:14.
    • Os ocupantes eran 172 en total: 162 pasaxeiros e 10 tripulantes (non 164+9).
    • A data de hoxe (23.08) a cifra de mortos era xa de 154.

Pedro --Lameiro (conversa) 22:50, 23 agosto 2008 (UTC)

O artigo foi creado por unha IP (79.155.228.188) que só editou este artigo. Semella que foi traducido doutra Wikipedia e faltou unha revisión dos lusismos, polo que estou de acordo en que precisa dunha revisión. En canto ao das cifras, hainas que revisar. É certo que nos primeiros momentos tralo accidente non había moita idea do número de falecidos dos que sobreviviron, pero agora xa podemos dispor das cifras exactas e dar referencias. Póñome agora coa revisión lingüística e deixo pendente o das cifras (márcoo con "Atención") a ver se o reviso despois. --Toliño Fala aquí comigo 11:14, 24 agosto 2008 (UTC)
Feita a revisión. Falta que alguén revise os datos e as cifras. --Toliño Fala aquí comigo 11:57, 24 agosto 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Voo 5022 de Spanair. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 12:24 (UTC)Responder

Volver á páxina "Voo 5022 de Spanair".