Conversa:Tomografía computadorizada

Último comentário: hai 4 anos de Maria zaos

Polo que vexo hai máis referencias para tomografía computadorizada que para Tomografía axial computadorizada. Suxiro cambio do título e adaptación do texto, ou achegas das referencias necesarias para manter Tomografía axial computadorizada. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 15 de abril de 2020 ás 09:07 (UTC)Responder

A miña corrección ía encamiñada unicamente a modificar computarizada por computadorizada. No que atinxe ao adxectivo axial, é certo, hoxe en día prefírese omitilo, tal como se comenta no propio artigo. Desculpa os erros que puiden cometer ao comentárvolo. Acabo de iniciarme nisto e non o teño moi claro. Saúdos. --TradutorGalego (conversa) 15 de abril de 2020 ás 09:26 (UTC)Responder

Ningún problema, grazas a ti, --TradutorGalego polo teu traballo. Se non ves maior problema, cambio o título a tomografía computadorizada un pouco máis tarde, por se algunha outra persoa na Galipedia quere achegar referencias para o título actual. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 15 de abril de 2020 ás 09:41 (UTC)Responder
Volver á páxina "Tomografía computadorizada".