Conversa:Terebinto

Último comentário: hai 7 anos de Marcio no tópico Untitled

Untitled

editar
  • Pois eu pensaba que era o Sorbus Aucuparia. (Dúbida expresada o 3 de outubro de 2013 ás 18:41‎, polo usuario 83.165.87.235, pero esqueceu asinar)
  • O caso é que o nome de escornacabras se aplica, ademais de ó Pistacia terebinthus, a outras plantas, como o capudre (Sorbus aucuparia), o acivro (Ilex aquifolium) e a dulcamara (Solanum dulcamara) [Fonte: Losada e outros (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega). Aínda así, no Diccionario de Diccionarios os distintos dicionaristas aplican o termo maioritariamente ó Pistacia terebinthus. Pedro --Lameiro (conversa) 3 de outubro de 2013 ás 20:13 (UTC)Responder
  • Polo dito anteriormente, sendo os nomes "escornacabras" e, sobre todo, "cornabude" ambiguos propoño mover páxina ao outro sinónimo referenciado no DRAG: "terebinto", que é unívoco e transparente respecto ao nome científico ou empregar como título dito nome científico.

Marcio (conversa) 10 de xullo de 2016 ás 12:24 (UTC)Responder

Volver á páxina "Terebinto".