Conversa:Suráfrica

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)

Untitled editar

de onde se saca que se chama 'afrika borwa'? até nove linguas oficiais há na africa do sul actual - cal é este? porque se inclui esta lingua e non as outras? NEAL (perdón, once linguas oficiais...)

eis os once nomes oficiais da república de africa do sul: afr: Republiek van Suid-Afrika, eng: Republic of South Africa, nbl: iRiphabliki yeSewula Afrika, nso: Rephaboliki ya Afrika-Borwa, sot: Rephaboliki ya Afrika Borwa, ssw: iRiphabhulikhi yeNingizimu Afrika, tso: Riphabliki ra Afrika Dzonga, tsn: Rephaboliki ya Aforika Borwa, ven: Riphabuḽiki ya Afurika Tshipembe, xho: iRiphabliki yaseMzantsi Afrika, zul: iRiphabliki yaseNingizimu Afrika


pódese saber porque se nega a inluír todos os nomes OFICIAIS do país? porque escoller só o sesotho entre todas as linguas bantus oficiais do país? nen é esta a lingua africana maioritaria. estou perplexo - é que o wikipedia en galego teña que ser o máis pobre ou incorrecto/incompleto posíbel? apelo ao sentidiño.

  • O problema neste caso é o método, non se pode mover a páxina sen unha discusión previa, e efectivamentte hai un erro nesta páxina a lingua oficial con máis falantes nativos é o isiZulu, polo que debería ser esta forma a que acompañe á forma galega, por un erro escolleuse a forma do sesotho, que non é a lingua máis falada, polo que debería cambiarse.--Rocastelo(fálame aquí) 15:57, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Se é como dis Rocastelo haberá que cambialo, pero para facelo hai que seguir o procedemento que seguimos sempre e contar coa opinión de Alyssalover por suposto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:13, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Non vexo ningún problema en movelo. Quero aclarar que non é que, en palabras do anónimo, "me empeñase en só pór o nome do país en sesotho", simplemente desfixen a edición de 85.57.163.246 por respeto a todo o tempo que invertiu Xosel no artigo e porque pareceume que o amigo anónimo tiña unha atitude un tanto prepotente (hai moitas formas de dicilas cousas e non creo que a que empregou fose a máis correcta e menos aínda a máis respetuosa). Un saúdo --Alyssalover(fálame) 10:45, 11 decembro 2005 (UTC)

non son anónimo - asinei na discusión NEAL e logo incluín unha ligazón para poder contacta comigo. son NEAL.... respectar o tempo investido (que non INVERTIDO) paréceme moi loábel, sempre cando non son se trata de volver a colocar erros... por certo, sendo preopotente como son, non podo evitar un comentario: a ti non te viría nada mal repasar a colocación do pronome (porque pareceume sic.) así como un pouco de vocabulario ('inverter' non é sinónimo de 'investir'). non me estraña que cun galego tan espantoso se prefire respectar o tempo investido do que repectar a correción de erros obxectivos... a prepotencia non muda a verdade. podes querer recoñecela ou non, mais as formas de a dicer non a cambiarán. ai meu deus! moito respecto e logo pouco tino e pouca exactitude nos artigos. repito, non me estraña que a xente con criterio vaia primeira ao portugués ou ao español ou até inclusive ao catalán... non son anónimo. son NEAL (é meu nome e non un pseudónimo) e estou aquí: http://br.wikipedia.org/wiki/Implijer:Neal

por certo, porque non manter a listaxe dos nomes oficiais dentro do proprio artigo - ou é que há unha política a respeito do que se pode ou non incluír nun artigo tamén? si, son neal

  • A túa primeira contribución foi anónima, non había ningunha ligazón á páxina de usuario que logo púxeches. Na primeira edición aparecía escrito Neal, iso non é ningunha identificación a non ser que pretendas que coñezamos a todos os colaboradores de todas as wikipedias do mundo e logo cheguemos á conclusión de que o Neal que asina é o mesmo que o da wikipedia bretona. Polas túas intervencións parece que tes un problema persoal con esta wikipedia que ven de vello. E os comentarios que lle fas a Alyssalover están totalmente fora de lugar, revisa os teus, poderían facerse valoracións parecidas. Por outra parte, a pretensión de trasladar a discusión a outra wikipedia non ten ningún sentido. Se realmente queres colaborar para mellorar a Galipedia damosche —como fixemos outras veces— a benvida, en caso contrario tamén. O que non leva a ningunha parte é ese ánimo de confrontación. Por outra parte agradecemosche que nos sinales os nosos erros, iso axúdanos a mellorar. Pero se non te queres rexistrar na Galipedia, para que non te teñamos por anónimo, polo menos no campo resumo da edición podes indicar que se trata dunha edición de Neal. Agora sabemos a túa identidade e supoño que non será moito traballo facernos esa concesión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:16, 11 decembro 2005 (UTC)

Afrika-Borwa e "a ti non che" editar

Ola galipedistas. Algunas explicacions:

1)Coido que fun eu quen puxo Afrika-Borwa, polo menos mantíveno nos títulos da táboa interna. Lembrome que na portuguesa estaba Afrika-Borwa, na francesa Rephaboliki ya Afrika-Borwa, etc, por iso pareceume creíbel o dato que puña na páxina portuguesa desde a cal o traducin. Seguramente foi o típico erro que pasa de tradución en tradución. Para iso necesitamos a moitos "NEAL"es

2) En canto á razón de pór Afrika-Borwacomo páxina, se fun eu sería polo criterio de optar por escoller a lingua autóctona e delas (se varias) a mais relevante. Asumín que, polo que explico doutras wikipedias en 1), tal nomenclatura era a relevante.

Como comentarios para NEAL, teño 2:

1.- Neal, coido que co teu coñecemento poderias contribuir a mellorar a páxina, e seguro que moitas outras mais. É unha pena que te "cebes" mais nos problemas que na resolucion deles. O teu espírito crítico, ben levado, viría fenomenal á Galipedia.

2.- Dislle a outro galipedista: "a ti non te viría nada mal repasar a colocación do pronome ". A ti alguén tamén che podería dicir que a ti non che viría nada mal repasar o uso de "te" e "che". (Porfa, non te cebes agora os meus erros, pois abofé sería terríbel: atoparías tamen centos de "a ti non che viria mal ...").

Paz e saúdos para todos.--XoseL 14:16, 11 decembro 2005 (UTC)

muito rapidamente: agradezo qualquer melhora do meu galego. acho, porém, que a questao do cheísmo face ao teísmo, traços propriamente galegos e bem documentados como tais, seja muito diferente do caso dos espanholismos no léxico ou da má colocaçao do pronome (de nao se contrastar com o galego do brasil, claro é...). em todo caso, nao vou colaborar com a falipedia - a perda é, sinceramente vossa, pois nao tenho nem tempo nem âbnnimo para debater eternamente sobre se o sesotho é ou nao é a língua maioritário da áfrica do sul. por certo, nao é o erro em si na página o que me parceu grave (pode passar a qualquer pessoa, eu inclusive(), senao o jeito de desqualificar automaticamente a mudança (argumentada) que eu efectuei para corrigilo... NEAL

por se alguén quixer acrescentar algo máis sobre as linguas deste país: http://www.ethnologue.com/show_country.asp?name=South+Africa Neal

Protexión editar

Deixa de protexer esta páxina--Dannycas 00:34, 13 maio 2006 (UTC)

Estados-nacións editar

Cito textualmente: África do Sur é un dos estados-nacións mais antigo de África. ¿A que nos referimos co concepto de estado-nación? --O TinContradíceme se te atreves 22:46, 2 agosto 2006 (UTC)

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Kameraad Pjotr eliminou Image:Za-coa.png: In category [[:category:Copyright violations|Copyright violations]]; no permission;

-- CommonsTicker 22:28, 24 maio 2008 (UTC)

Suráfrica editar

  • Se o VOLGa usa o xentilicio surafricano e non recolle sudafricano, isto indica que os académicos consideran como correcto Suráfrica e non contemplan nin como tolerada Sudáfrica. Dígoo porque ou me equivoco, ou vai ter que se mudar. --Xoán Carlos Fraga 21:52, 5 de abril de 2011 (UTC)

No dicionario online da RAG ven Sudáfrica e sudafricano.--Adorian (fálame) 22:22, 5 de abril de 2011 (UTC)

  • Adorian, ese dicionario non está actualizado. Non recolle nin as reformas do 2003. Así che está o país (do plurilingüismo), co dicionario da RAG sen as revisións xa aprobadas desde hai 8 anos. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:28, 5 de abril de 2011 (UTC)

A verdade que non ando moi posto no tema dos dicionarios. Non ía saír (ou saíu xa) un novo dicionario da RAG? Aínda que xa podían sacar un atlas ou manual de toponimía completo.--Adorian (fálame) 08:51, 6 de abril de 2011 (UTC)

  • Así é, Adorian, existe noticia na prensa anunciando un novo dicionario da RAG para 2011, con 50.000 entradas. Sería positivo que trouxese anexos, como por exemplo unha listaxe de toponimia galega e mundial. Mais este dicionario non vai traer cambios importantes, e parte da mesma base que o VOLGa (que se pode consultar en liña e está actualizado). --Xoán Carlos Fraga 20:49, 6 de abril de 2011 (UTC)

Non o coñecía, moitas grazas pola información Xoán Carlos. Polo que respecta ao tema, se é o que di o VOLGa.

  Concordo.--Adorian (fálame) 22:10, 6 de abril de 2011 (UTC)

A fonte que se segue para os topónimos é a do manual da Universidade de Vigo, non o VOLGa. Porén, agora mesmo non son capaz de atopalo en liña. :( --Xabier Cid Talk, please 22:33, 6 de abril de 2011 (UTC)
O manual está aquí. Estoutro manual (UDC-2007) vacila entre Suráfrica e Sudáfrica, e o EGU remite ás formas con r. Porén, o que ten carácter normativo é o VOLG, e en ningures pon (ou iso creo) Suráfrica, senón África do Sur (véxase surafricano, zulú) e Sudáfrica (véxase africáner). [ Furagaitas * ] 23:20, 6 de abril de 2011 (UTC)

Mover a Sudáfrica editar

Segundo esta consulta non hai ningunha páxina da web da RAG que use o termo Suráfrica. Pola contra o termo surafricano e africáner indican que o país chámase República de Sudáfrica ou África do Sur. Penso que debemos cambiar o nome do artigo e axeitalo ó que se atopa na RAG, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2014 ás 14:13 (UTC)Responder

Si, tes razón, xa o mirara eu hai pouco e chamoume a atención pola referencia. Unha precisión, o que eu entendo da definición da RAG é que o país e "Sudáfrica", e que "África do Sur" é a zona xeográfica. Entendo que se os nomes fosen "Sudáfrica" ou "África do Sur", a definición sería Da República de África do Sur ou Sudáfrica e dos seus habitantes. Mais é De África do Sur ou da República de Sudáfrica e dos seus habitantes. Sería como dicir "Europa Occidental" ou "América do Sur", unha denominación xeográfica. Saúdos! --Norrin (Fálame) 27 de novembro de 2014 ás 14:22 (UTC)Responder

No proceloso mar dos topónimos en galego, esta é unha boa dúbida. Hai catro anos defendía, coas fontes que tiña daquela, outra cousa. Pero se hoxe temos un adxectivo surafricano no dicionario da RAG, que remite a Sudáfrica, non hai moita volta que darlle. Iso pode mudar no futuro, ou non, pero polo que respecta ao que debemos empregar aquí, os surafricanos son os cidadáns de Sudáfrica. Hai que mover o artigo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de novembro de 2014 ás 14:51 (UTC)Responder

Si Norrin, eu entendo tamén que "África do Sur" é a zona xeográfica. Grazas ós dous pola axuda, cando teña un momento cambiareino. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2014 ás 23:31 (UTC)Responder

Redirección editar

Elisardojm, creo que deberíamos deixar Sudáfrica como redirección a esta páxina, en forma de axuda de navegación. Que opinas? Banjo tell me 17 de xullo de 2015 ás 13:40 (UTC)Responder

Eu penso que non se debe deixar, a "política" é non facer redireccións de palabras incorrectas para que os artigos xa non conteñan esas ligazóns mal. Se no futuro a RAG di que se poden usar indistintamente, entón si habería que facer a redirección. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2015 ás 15:39 (UTC)Responder
Na inglesa, española e italiana promoven o de manter as redireccións cando son erros habituais, por aquelo de facilitar a navegación, cando alguén pon o termo incorrecto na procura salelle ahi pero dirixe ao título correcto... na catalana son da opinión contraria, e na portuguesa non atopei referencia. Se é a norma xeral como Elisardojm como comentas deixámolo así, pero eu son máis partidario de que si exista :) Banjo tell me 17 de xullo de 2015 ás 16:47 (UTC)Responder
Si Banjo, pero iso leva a manter erros nos artigos e iso non é correcto, por iso aquí non temos ese tipo de redireccións... Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2015 ás 21:29 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 9 ligazóns externas en Suráfrica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 23:39 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Suráfrica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de febreiro de 2020 ás 19:03 (UTC)Responder

Volver á páxina "Suráfrica".