Conversa:Sisto IV, papa
Último comentario: Sernostri hai 10 anos no fío "Sisto ou Sixto?"
Este artigo é de interese do Wikiproxecto Catolicismo oriental, que ten por obxectivo crear, mellorar, manter, actualizar e ampliar tódolos artigos relativos ás igrexas católicas orientais concordando cos estándares e normas da Galipedia. Consulta a páxina do proxecto para máis información. Nota:C Avaliado con Nota:C segundo a escala de calidade. Importancia:Media Considerado de Importancia:Media segundo a escala de importancia. |
Sisto ou Sixto?
editarEu de nomes non sei moito, así que penso que viría ben ter unha referencia para Sisto. E logo habería que amañar o artigo que ten moitos Sixtos polo medio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2014 ás 16:20 (UTC)
- Na RAG (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rebautizar.) empregan a forma Sixto. Supoño que se renomeamos, haberá que mover tamén a Capela Sistina. Porén, tentaría buscar mais referencias, nun catálogo de nomes galegos ou así. --Norrin (Fálame) 7 de maio de 2014 ás 06:51 (UTC)
- Tamén podemos deixalo como Sisto, se non hai nome en galego, xa que é o nome orixinal. Eu busquei nalgunhas páxinas de nomes e non atopei nada, así que polo momento vouno deixar como está. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2014 ás 08:14 (UTC)
- No Diccionario dos nomes galegos de Ir Indo empregan Sisto, o que xa é unha referencia, aínda que hai dicionarios máis recentes que poderían contradicir ou avalar esa escolla. Pero en principio consideraría as dúas válidas, xa que para as dúas hai referencias de peso--Sernostri (conversa) 8 de maio de 2014 ás 14:10 (UTC)