Conversa:Santiago Lago Peñas

Último comentário: hai 4 anos de Xabier Cid no tópico Explicación de reversión

Explicación de reversión editar

O 13 de abril de 2020 fixéronse unhas edicións desde unha conta de usuario que leva o mesmo nome cá persoa obxecto do artigo. Primeiro reverteuse, e logo empezou unha explicación de por que, que se iniciou na Wikipedia e rematou nunha canle de Telegram. A conversa foi moi amable e comprensiva:

  • a persoa que fixo as edicións non é a persoa do artigo, pero si unha persoa próxima ao seu labor profesional.
  • o erro produciuse porque había a idea de que as persoas teñen que coidar dos seus artigos (dos que falan dun). Explicado como funciona a wikipedia, o erro foi recoñecido, e as desculpas pedidas (moitas desculpas moi pedidas). :)

Agora vou revisar o artigo, retirando información que poida non ser verificable e completando e referenciando o resto. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de abril de 2020 ás 10:10 (UTC)Responder

Volver á páxina "Santiago Lago Peñas".