Conversa:Roi

Último comentário: hai 9 anos de Sernostri no tópico Untitled

Untitled editar

O diccionario dos nomes galegos de Ferro Ruibal non trae como variante de Roi a forma Rodrigo (só Rui) pero ese propio dicionario fala de San Rodrigo (e non San Roi) e o rei Don Rodrigo (e non Don Roi), dous casos no que ao non haber apelidos non se podía apocopar segundo a tradición, e tampouco trae Rodrigo como nome independente xa que na forma Rodrigo remite a Roi. O que parece claro é que Rodrigo é unha forma correcta en galego pero hai fontes que determinen que é hoxe Rodrigo?, unha variante de Roi ou un nome independente do seu antigo apocopado, Roi.--Sernostri (conversa) 17 de maio de 2014 ás 17:47 (UTC)Responder

Non sei se me expliquei ben no comentario anterior, pero viña a conto que se Roi e Rodrigo son dous nomes diferentes como no caso de Natalia e Nataxa habería ser un artigo sobre Rodrigo (que aínda non se creou) o que ligue cos artigos das outras wikipedias mentres que se Rodrigo é variante de Roi non, aínda que se podería crear naturalmente un artigo de homónimos con Rodrigo.--Sernostri (conversa) 17 de maio de 2014 ás 20:30 (UTC)Responder
Volver á páxina "Roi".