Conversa:República Independente de Donís

Último comentário: hai 1 ano de HacheDous=0

Isto parece unha arroutada dos veciños, que proclamaron unha república como poderían proclamar un bispo. Hai algunha información que non sexa de blogs. Algún texto nun libro dun historiador, ou un artigo nunha publicación histórica?--HacheDous=0 (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 16:05 (UTC)Responder

Un Estado independente non foi: non tiña institucións, cargos, leis... puideron proclamar unha República Independente como se conta por exemplo en Guía e rutas dos Ancares de Alejandro González Arias como unha arroutada para non pagar impostos: pero unha cousa é proclamar unha república independente e outra converterse nun Estado, aínda que sexa por uns días.--HacheDous=0 (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 16:23 (UTC)Responder
Bon, non sei se o propio Xabier Moure é historiador. One2 (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 17:49 (UTC)Responder
No Wikidata puxenlle Estado histórico non recoñecido, non sei se hai algo máis axeitado (arroutada dos veciños non aparece :D). One2 (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 19:04 (UTC)Responder
E onde están as referencias? Non podemos andar a enganar a xente: temos que ter credibilidade.--HacheDous=0 (conversa) 8 de febreiro de 2023 ás 16:27 (UTC)Responder
Hai documentación da época sobre o episodio? Eis a resposta fundamental. Nalgún libro de historia local si que dá conta do episodio; pero mesmo así habería que ver como o conta no libro (non é o mesmo escribir nun libro ca nun blog), nesa historia achega documentación da época sobre o episodio? Xa que a sensación que dá é que na localidade houbo un episodio de rebelión contra o recadador e despois elaborouse unha lenda sobre a proclamación dunha república, e se non hai documentación da época teño todo o dereito a pensar así: a historia baséase na documentación, de non se basear en documentación non é historia; tamén podería estar baseada en historia oral, pero nun episodio de 1873 xa non é fiable; e verás que o episodio pode saír en obras sobre historia local de Cervantes, pero non sae en obras da historia galega do tempo da 1ª República. Repido, o fundamental non é que apareza nun libro, é que apareza nun libro baseado en documentación, fontes: Un libro de historia que non se basea en bibliografía ou documentación non está feito por un historiador, por moito que teña o título .--HacheDous=0 (conversa) 7 de febreiro de 2023 ás 19:12 (UTC)Responder
Volver á páxina "República Independente de Donís".